A división do voto da esquerda

As mareas piden o voto para En Marea, Nova Esquerda Socialista Galega para Nós e Cerna e CxG para as dúas listas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 01/12/2015 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A imposibilidade de que se teña acadado unha única lista de unidade popular para as eleccións do 20D ten feito que os distintos grupos políticos da esquerda teñan que dividir o voto ou pedilo para outras candidaturas. Compromiso por Galicia e Cerna deixan liberdade de decisión aos seus militantes para votar por En Marea ou Nós Candidatura Galega, as distintas mareas cidadáns de Pontevedra, Vigo, Ourense, Santiago, A Coruña ou Ferrol apostan por En Marea, mentres que Nova Esquerda Socialista Galega divide o voto en dous.

Lois Pérez Leira, un dos dirixentes de Nova Esquerda Galega (NEG)
Lois Pérez Leira, un dos dirixentes de Nova Esquerda Galega (NEG)

Esta pequena formación só se presenta en Ourense baixo a denominación de “Pola Esquerda”. Dita candidatura está composta por Nova Esquerda Socialista e un sector de Podemos que recentemente abandonou esta organización. O seu primeiro candidato a deputado por esta provincia é o avogado Eladio Medel Iglesias. “A lista tanto a deputados como a senadores ten un carácter plural e representativo desde a perspectiva da esquerda. Nesta candidatura están representados distintos sectores da sociedade desde traballadores, profesionais e ata pequenos empresarios”, apunta nun comunicado.

Así, suliña que as súas propostas centrais para Ourense están relacionadas “coa loita contra a corrupción e o caciquismo que goberna esta provincia desde o franquismo”. Tamén na xeración de emprego, impulsando o desenvolvemento agroindustrial desta provincia e o turismo sustentable.: Termalismo, deportes de montaña etc.

Sen embargo, nas tres restantes provincias onde non se presentan apoian á lista de Nós ao entender que “é o mellor que pode defender os dereitos sociais e nacionais de Galicia”. Critican, ademais, a En Marea por, din, “demostrar prácticas antidemocráticas moi semellantes aos partidos do sistema”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Birloque

O Pablo Iglesias a apoiar o referendo na Catalunha situa-se de facto mais alá da política do BNG. O BNG nunca obrigou o PSOE a uma tomada de posição sobre isso nem lho exige para gobernar com ele. Apenas ergue a bandeira estrelada para exigir aos partidos da esquerda e aos ex-BNG condições de apresentação numas eleições. Muitos nacionalistas votarám na En Marea porque Podemos fala a sério dum referendo vinculante na Catalunha e trata a Galiza como a nação que é. Não tenho simpatia por Podemos nem madrilenhadas, mas "tarde piou" o BNG com soberanismo e ademais o PSOE está como se viu ontem no debate de El Pais claramente alinhado com o PP contra o reconhecimento das nações sem Estado. Enquanto o BNG não ressolver esta contradição entre discurso e prática o seu nacionalismo não é maior do que os anúncios de Gadis. En Marea está à esquerda do sentimento nacional na prática ainda que lhes proa a vários partidos integrantes da coligação.

1 Pastelao

Dous taxis. Apretadiños, pero caben en dous taxis.

1 Soy Anova AGE Marea Encontro

Anova, O Espazo de Xan hermida e o que queda de Eu (sector proage) tampouco precisan de moitos taxis.