Temas: ELECCIóNS 20D

A quen deberías votar nas eleccións do 20D?

Crean un teste para definir con que partido político hai maior afinidade ideolóxica.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Estas eleccións xerais preséntanse como unha das máis competidas da historia da democracia española. Hai xente que xa ten decidido o voto pero aínda hai outra que non o sabe. E para eses indecisos, acábase de crear un teste orientativo. Horizonte 2015 (www.horizonte2015.com) é unha aplicación online que foi deseñada para que calquera persoa poida ver cal é o partido co que ten maior afinidade ideolóxica a partir das súas respostas nun cuestionario moi sinxelo. 

Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións
Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións

A ferramenta permite aos electores comparar as súas propias opinións coas posicións dos principais partidos políticos que se presentarán ás Eleccións Xerais o próximo 20 de decembro. O cuestionario formula distintas preguntas sobre economía, sociedade,  organización do estado ou política exterior para tratar de pescudar cal é o partido político que ten unha proposta máis próxima á opinión da persoa que o contesta.

Esta iniciativa, que xa levou a cabo para as eleccións europeas, ponse por primeira vez en marcha para unhas eleccións xerais e conta co respaldo académico do Instituto de Estudos Internacionais da Universidade Complutense de Madrid, así como doutras universidades españolas e europeas.

“O carácter académico do proxecto garante a imparcialidade da ferramenta, que foi elaborada por investigadores independentes e que pretende facer máis transparente os programas dos partidos políticos e mellorar o coñecemento cidadán sobre os mesmos”, apuntan os seus programadores nun comunicado.

Temas: ELECCIóNS 20D
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Esixamos en todolos foros a presenza de Alberto Garzon no debate decisivo. Estase a privar a cidadania de coñecer as suas propostas en igualdade co resto de partidos do bipartidismo vello (PP e PSOE) e do novo bipartidismo (Ciudadanos e Podemos) por medio dos debates. Garzon é o unico que fala de proceso constituinte, de republica e de traballo garantizado.