Morren tres persoas nun incendio en Vilalba

As tres persoas atopábanse no interior da casa calcinada. Presúmese que son membros dunha mesma familia.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 01/12/2015 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Tres persoas morreron esta mañá nun virulento incendio desatado nunha vivenda da parroquia de San Simón da Costa, en Vilalba.

Interior dunha casa queimada
Interior dunha casa queimada | Fonte: www.newslocker.com

Os bombeiros nada puideron facer para salvar as vidas destas persoas que, presumiblemente, son da mesma familia. Cando chegaron á vivenda xa estaba praćticamente calcinada e media derruída. 

“Polo momento temos localizado os corpos calcinados, pero debido a situación de inestabilidade da vivenda aínda non os puidemos recuperar”, dixo un bombeiro en declaracións á Radio Galega. Ademais, destacou que, por como atoparon a vivenda, o lume debeu acadar temperaturas moi altas en pouco tempo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta