Temas: ZARA INDITEX

Presentación do libro "Rosalía Mera: el hilo suelto"

O Centro de Documentación e Recursos feministas de Vigo acolle a presentacion do libro "Rosalía Mera:el hilo suelto", do xornalista Xabier R. Blanco, quen traballou en Xornal de Galicia e agora escribe para La Región.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/12/2015 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O volume foi editado por La esfera de los libros este ano. A presentación será este martes, 1 de decembro ás 19:00 horas. Intervirán Xabier R. Blanco e Manuel Vázquez Sola, xornalista especializado en temas económicos.

Rosalía Mera
Rosalía Mera

A editorial fala da muller de Amancio Ortega como dunha traballadora infatigable que chegou a converterse na máis rica de España e na 66ª do mundo según Forbes.

"Esta é a historia dunha costureira que se fixo millonaria, e dunha millonaria que se volveu solidaria e rebelde. Alguén que puido ser un fío roto pero acabou sendo un fío solto", explica La Esfera de los Libros. 

Temas: ZARA INDITEX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta