Rueda ensalza na Festa do Albariño de Cambados o sector vitivinícola como "un dos atractivos" de Galicia

O titular galego enxalzou o traballo dos adegueiros e viticultores e o papel da Festa do Albariño, e apostou por "seguir impulsado todas as potencialidades e sinerxías" que ten Galicia no ámbito do turismo, a etnoloxía e a gastronomía.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/08/2024 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou en Cambados o sector vitivinícola como "un dos atractivos turísticos" de Galicia. Rueda lembrou que a comunidade conta con "moitos sitios referentes" que se poden visitar durante todo o ano e remarcou que entre os principais activos atópase o viño galego.

Así o fixo este domingo durante a súa participación no Capítulo Serenísimo da LXXII Festa do Albariño, que finaliza este domingo e que se consolidou como unha das principais citas do calendario de verán, recoñecida tamén como Festa de Interese Turístico Internacional. O titular galego enxalzou o traballo dos adegueiros e viticultores e o papel da Festa do Albariño, e apostou por "seguir impulsado todas as potencialidades e sinerxías" que ten Galicia no ámbito do turismo, a etnoloxía e a gastronomía.

No acto, tamén participou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, que recibiu a capa coa que foi investido novo cabaleiro do Albariño. Alí, sinalou que este festexo demostra por que Cambados e ás Rías Baixas son "o mellor destino" para gozar do enoturismo. "Poderiamos selo porque neste pobo celebramos a festa do viño máis antiga de Galicia e a segunda de España. Tamén porque a nosa provincia conte con máis de 180 adegas e máis de 5.000 profesionais agrupados baixo unha DO que é sinónimo de excelencia, calidade e profesionalidade", esgrimiu.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na festa do Albariño
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na festa do Albariño | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta