As responsabilidades da Xunta na anulación do PXOM de Vigo

Desde que o Tribunal Supremo anulou o plano urbanístico vigués, a Xunta ofreceu a súa colaboración. A conselleira Beatriz Mato, primeiro, e o propio Feijóo anunciaron que colaborarán co Concello vigués para desatascar esta situación.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 04/12/2015 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O Concello de Vigo amencía o pasado mércores cunha noticia de calado. A supresión, por parte do Tribunal Supremo, do seu PXOM, un golpe moi duro para un consistorio que pretendía aprobar nos vindeiros meses proxectos moi importantes para o desenvolvemento económico da cidade.

Factoría de Citröen en Vigo
Factoría de Citröen en Vigo | Fonte: autocity.com

 

A urbanización do famoso barrio do Cura ou a creación da cidade da xustiza son algúns dos proxectos que se verán afectados. Pero, sobre todo, o que pode danar, sobre maneira, a economía viguesa, é a imposibilidade de ampliar  as instalacións industrias de Citröen. Un proxecto fundamental para a fabricación das novas furgoneta K-9, que se ían realizar, en exclusiva, na factoría viguesa.

 

Un argumento poderoso para provocar que a Xunta de Feijóo, que hai uns días realizaba unha pequena viaxe nun vehículo autónomo desta empresa, teña evitado a confrontación directa co Executivo vigués a pesar da mala relación que existen entre as dúas administracións.

 

De feito, Feijóo enviou á conselleira Beatriz Mato a ofrecerlle colaboración ao alcalde, Abel Caballero, e el mesmo amosaba este xoves a súa "profunda preocupación" pola anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e apuntaba que a Xunta está a disposición do Consistorio vigués para "asesorarlle" se o solicita.

 

"Estamos ante un grave problema", sinalou Feijóo, convencido de que este non só afecta á urbe, senón á área metropolitana e mesmo ao "conxunto de Galicia". Por iso, apelou a non "relativizalo" ou "minimizalo". “A Xunta está a disposición do Concello de Vigo. Estamos á súa disposición para todo no que nos solicite asesoramento e na execución das competencias do Concello, que son todas", remarcou.

 

A Xunta, orixe do problema

 

Toda unha declaración de intencións da Xunta que non oculta, tamén, a súa preocupación pola paralización económica que a anulación do PXOM pode ter para Galicia. Pero, ademais, na raíz do problema está o propio Goberno galego que, foi, en orixe, o causante desta sentenza xudicial.

 

A Xunta aprobaba definitivamente este plan en maio de 2008, cando a Xunta estaba entón gobernada polo bipartito. Aprobaba o 99% do mesmo, quedando pendente de corrixir un 1%, ao que se daría vía libre en xullo de 2009, xa con mandato do PP.

 

Unha sentenza previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) validou o proceder da Xunta fronte ao recurso de Alternativa Veciñal. Con todo, a nova sentenza do Tribunal Supremo conclúe que se vulnerou a lei ambiental e non existía a premura alegada pola Xunta para evitar atrasos. 

 

E para iso, baseouse a sección quinta do contencioso-administrativo en que a Xunta recibira xa en xullo de 2006, con Feijóo como conselleiro do Goberno Fraga, o Plan Xeral aprobado provisionalmente no Concello de Vigo. A pesar desta circunstancia "a Administración ambiental competente deixa transcorrer dous anos practicamente até declarar inviable o seu sometemento ao trámite" de avaliación ambiental estratéxica, sinala o ditame xudicial. Previamente á resolución da Xunta o goberno local PSOE-BNG fixo outra aprobación provisional do Plan Xeral en decembro de 2007 tras duplicar a porcentaxe de vivenda protexida.

 

“A pesar de lo cual la Administración ambiental competente deja transcurrir dos años prácticamente hasta declarar inviable su sometimiento al trámite previsto en el referido artículo 7 de la Ley 9/2006, de 28 de abril, y ello por tres razones, la una porque se demoraría la 

ejecución de determinados proyectos e infraestructuras con un importante coste económico y social, la otra porque había tenido lugar el procedimiento de 7 participación pública y la tercera porque la protección de la sostenibilidad del entorno quedaba garantizada a través del sometimiento a evaluación ambiental estratégica o, en su caso, evaluación de impacto ambiental, de los futuros trámites sobre los ámbitos de desarrollo del Plan”, recolle o plan.

 

A iso agrega a sala que a aprobación completa da PXOM non se produciría até xullo de 2009, co cal aínda pasaría máis dun ano máis desde a resolución ata que o documento recibiu o plácet final. Esta circunstancia, a xuízo do Supremo, "demostra que a pretextada premura non existía". 

 

Lo cierto es que el Plan General en cuestión no es aprobado definitivamente hasta un año después de haberse dictado esa resolución declaratoria de la inviabilidad de someterlo a evaluación ambiental, lo que se lleva a cabo mediante una de las Ordenes que ha sido impugnada en la instancia de fecha 13 de julio de 2009, publicada el 24 de julio del mismo año...”.

 

A sentenza cita outro caso similar no Concello de Teo no que se utilizou tamén a inviabilidade ambiental, neste caso en outubro de 2008. O Supremo declarou a xustificación "insuficiente", unha doutrina que agora traslada ao caso do Plan Xeral de Vigo.

 

La Administración autonómica ambiental ha empleado en este caso, a fin de justificar la inviabilidad de someter el Plan General de Ordenación Municipal de Vigo a evaluación ambiental, idéntica argumentación a la que unos meses después, el 20 de octubre de 2008, utilizó para justificar la inviabilidad de someter el Plan General de otro municipio, concretamente Teo, 8 a dicha evaluación ambiental, justificación que esta Sala del Tribunal Supremo, en su referida sentencia de fecha 23 de diciembre de 2014 (recurso de casación 3158/2012), declaró insuficiente e injustificada, doctrina que ahora reiteramos por las razones que acabamos de expresar, determinantes todas ellas de la estimación del motivo de casación invocado, al haberse vulnerado lo establecido por la Ley 9/2006, de 28 de abril, y por la Directiva comunitaria 2001/42/CE, de 27 de junio”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Gamela

Carlos Príncipe apunta que a evaluación estratéxica do PXOM non se fixo porque se chega a facerse sería negativa. Máis datos: http://carlosprincipe.com/2015/12/0...

2 Gamela

Mirade cal é o modelo sustentable que vén de ser anulado polo TS ! https://flic.kr/p/76AkaE e nin siquera cumpre coa lei de costas https://flic.kr/p/wuJoWD

1 xan

Mira que lle dades voltas con tal de meter a Feijoo polo medio, ata Caballero citou responsables o non eran do PP