Por E.P. | A CORUÑA | 07/08/2024 | Actualizada ás 19:20
A Deputación da Coruña habilitou este ano unha liña específica de catro millóns de euros para que os concellos que no seu día solicitaron préstamos ao organismo provincial devolvan o diñeiro sen custo para eles.
Segundo informa o organismo provincial, os 68.242 euros que amortiza este ano Ortigueira son achegados pola propia Deputación, "polo que non supoñen un detrimento, senón un incremento, nas achegas que recibe Ortigueira este ano" da citada institución.
"Non se trata dun plan de pagos específico do Concello de Ortigueira, como se afirma no comunicado emitido onte polo municipio, senón dun mecanismo habilitado pola Deputación para todos os concellos da provincia", apostila.
Os concellos teñen ata o 13 de setembro para acollerse a este mecanismo, "que permite a municipios como Ortigueira amortizar os préstamos que lles fixo a Deputación de forma simplificada, sen detrimento nas achegas para investimentos do POS+ e sen usar fondos propios".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.