Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2024 | Actualizada ás 16:42
As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado porán en marcha controles e operativos especiais de seguridade e circulación durante a Festa da auga de Vilagarcía de Arousa.
Así o trasladou este xoves a Subdelegación do Goberno en Pontevedra nun comunicadpo despois de copresidir a subdelegada accidental, María Isabel Alonso, a xunta local de seguridade en Vilagarcía, xunto co alcalde, Alberto Varela.
Á reunión tamén asistiron representantes da Policía Nacional, da Garda Civil, da Policía Local e do corpo municipal de emerxencias para coordinar o operativo de seguridade para as festas do verán na cidade, especialmente a Festa da auga, que terá lugar o 16 de agosto, e o Combate Naval do día 24.
En concreto, a Subdelegación ofreceu a súa "máxima colaboración" para garantir a seguridade, polo que a Policía Nacional reforzará a súa presenza o 15 e o 16 grazas á colaboración dunha patrulla viguesa.
Ademais, a Benemérita realizará controis de circulación e operativos especiais nos accesos á localidade e intensificará o test de alcoholemia e drogas.
Así mesmo, axentes da Policía Local velarán tamén por garantir o bo desenvolvemento das actividades festivas con reforzo das patrullas e controis de tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.