Unha enquisa dálle cinco deputados por Galicia a Ciudadanos

O PP ampliaría a súa distancia fronte o PSOE a nivel estatal. No referido a Galicia, a enquisa deixa fóra das Cortes a Nós Candidatura Galega, dálle un par de escanos a En Marea, constata unha importante caída dos conservadores e unha lixeira baixada do PSdeG.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 10/12/2015 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

PP 11 escanos (catro menos); PSOE 4 (un menos); BNG 0 (dous menos); En Marea 2 e Ciudadanos 5. En porcentaxe: PP 39,6%, PSOE 19,2%, Ciudadanos 18,9%, En Marea 16,2%, Nós Candidatura Galega 4,9% e UPyD 0,2%. Estos son os resultados para Galicia dunha enquisa publicada pola consultora madrileña Redondo & Asociados Public Affairs Firm.

Reparto de propaganda electoral de Ciudadanos
Reparto de propaganda electoral de Ciudadanos | Fonte: elconfidencialautonomico.com

O traballo de campo foi realizado entre 1 e 9 de decembro, de modo que cobre ata dous días posteriores á celebración do debate electoral en Antena 3 e La Sexta.. A enquisa asegura que os conservadores gañan pero perden un representante por provincia. A gran novidade é a importante subida do partido de Albert Rivera. Ciudadanos apañaría un deputado por cada provincia salvo en Pontevedra, onde sacaría un par. Na provincia pontevedresa é onde o PSOE perdería o seu escano.

En Marea sacaría dous, un por cada provincia atlántica. Cómpre valorar que os enquisadores non preguntaron por esta coalición, senón por Podemos, que só é un dos seus socios canda ANOVA, EU e numerosas mareas locais. Do mesmo xeito, tamén hai que ter en conta que preguntaron polo BNG, que non concorre coas súas siglas, senón que é o principal socio da coalición Nós Candidatura Galega.

A nivel estatal, o Partido Popular seguiría gañando as próximas eleccións ao subir desde os 114 escanos que obtiña a semana pasada neste estudo ata 120, ampliando a súa diferenza co PSOE desde os 30 ata os 40 deputados.

En concreto, o PSOE seguiría caendo ata quedar en 80 parlamentarios, mentres que Ciudadanos, aínda que baixa 1, recorta as diferenzas cos socialistas e colócase a só 7 de distancia fronte aos 10 da onda anterior, á vez que se converte na forza máis votada en Cataluña.

Segundo esta segunda entrega, o partido de Albert Rivera situaríase a só 1 punto en intención de voto dun PSOE que profunda na súa caída histórica. Pola súa banda, Podemos faríase con 50 asentos no Congreso, un resultado que supera en 2 deputados o obtido a semana pasada.

Albert Rivera
Albert Rivera | Fonte: Carlos Delgado wikimedia

A repartición de asentos no Congreso dos Deputados, coas correspondentes porcentaxes de voto, quedaría así: Partido Popular, 120 (28,3 por cento); PSOE, 80 (20,8 por cento); Cidadáns, 73 (19,8 por cento); Podemos, 50 (16,6 por cento); ERC, 8 (1,9 por cento); CDC, 7 (1,8 por cento); PNV, 6 (1,4 por cento); EU, 1 (3,3 por cento); Amaiur, 4 (1,2 por cento); Coalición Canaria, 1 (0,4 por cento). Pola súa banda, Geroa-Bai (0,1) perde o escano que obtivera na onda anterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

9 mw4N

Miles de persoas van votar Ciudadanos en Galiza, non o dubidedes... que parece que non pisades a rúa...

8 figaro

Non perdade-lo tempo. A suma de PP e Ciudadanos é do 58,5% segundo a enquisa e iso é imposible. O PP estivo no 35% en europeas e Ciudadanos era marxinal, así que de onde saen 19 puntos duns e 4 a maiores dos outros agora? Das Mareas, do Bloque e do PSdG? Se o credes, alá vos, pero isto non é máis cunha estrapolación tola desas que se fan dende Madrid para intentar que as contas saian... e non o fan.

7 demodesgraza expañola

podreiros e bi(v)ieirismo trouxeiron o facismo... aquí esta o dereitismo que están intronizando...

1 LKI

Non é por nada, pero quen leva partidos dereitistas, reaccionarios e de xinia caciquíl nas súa candidatura é a marca branca do BeNeGá, Nós-Ca.Ga. Iso por non falar do apoio notorio do fillo de Xosé Cuiña, delfín do fascista Fraga Iribarne.

6 balbino

O final van ter razón os da RAE en decir que os galegos "son tontos o con falta de entendimiento" un partido sin propostas para Galicia máis que acabar co idioma e as inversions en Galicia vai sacar máis votos que a xente que leva peleando polo país dende anos

5 CAR

mmmmm... ninguén reparou en que 11 (PP) + 2 (En Marea) + 4 (PSOE) + 0 (NÓS) + 5 (C's) = 22....... ???? cando a Galiza elixe 23 deputados....