Temas: FEIJóO LEITE AGRO

A Xunta recoméndalle aos gandeiros que “non se confundan de inimigo”

Recoñece que non están “exentos de razón” por decidir sacar aos tractores á rúa ante o incumprimento do pacto de prezos do leite por parte das grandes superficies e industrias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2015 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

Os tractores volveron este xoves á rúa colapsando varias rúas na Coruña e o centro de Lugo para reclamar que se suban os prezos do leite tal e como acordou administracións, gandeiros e industria hai unhas semanas. Unha decisión que hoxe dixo entender o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que lles recomendou que non se confundan de inimigo.

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

Pídolles que teñan sentido común e  que non confundan aos aliados con inimigos”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao tenderlles a man do seu executivo para tentar resolover este problema. De feito, recoñeceu que os gandeiros “non están exentos de razón” nesta nova tractorada pola falta de compromiso de industrias e grandes superficies.

O aliado so sector lácteo é a Xunta, non así as grandes superficies e industrias”, afirmou. Neste sentido, lembrou que está xa redactado o contrato tipo e indicou que agarda que sexa aprobado este mesmo mes. “Agradézolle a interprofesional láctea o seu traballo para poder sacar adiante este acordo”, manifestou. Tamén destacou que existe xa unha normal de cesión de prezos. “Nós imos seguir traballando polo ben do sector”, insistiu.

A pesar das boas palabras do presidente, o certo é que os gandeiros tamén criticaron a pasividade da Xunta e do Ministerio de Agricultura ante o incumprimento dos acordos por parte das grandes industrias. Así, tantos o medio cento de gandeiros que bloquearon empresas francesas na Coruña como os maís dun cento que o fixeron en Lugo insistiron na necesidade de que se aumenten os prezos do leite.

Uns oitocentos tractores convocados por Agro Muralla, segundo datos facilitados pola Policía Local, volveron a colapsar o centro da cidade na segunda tractorada do ano. Entre os manifestantes había gandeiros chegados desde practicamente todas as comarcas de Lugo, desde A Mariña até a Zona Sur, cunha notable presenza de produtores da zona centro, máis próxima á capital.

Temas: FEIJóO LEITE AGRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta