O PP recoñece que o sistema de voto que aprobou prexudica aos emigrantes

Feijóo di que é "unha pena" que non se tramitase a proposta de populares e socialistas no Parlamento galego para reformar de novo o voto exterior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2015 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñece que o actual sistema de voto emigrante prexudica aos emigrantes galegos.  "Creo que era necesaria unha reforma pero o seus efectos prácticos se sitúan no extremo contrario, xa que por garantir a limpeza, prexudícase aos galegos que queren exercer o seu dereito".

Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións
Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións

"Foi un acerto cambiar o sistema, pero hai que asumir que impide o voto da emigración, un erro no que non debemos caer. Porque a un español que está fóra de España non se lle pode impedir que decida o futuro do seu país, ao que probablemente quere retornar", engadiu.

Era a súa resposta a unha pregunta de GC sobre as queixas formuladas por varios emigrantes galegos en Manchester consultados por este medio. Por iso, o presidente galego destacou a necesidade de modificar de novo as condicións do voto emigrante para os quen residen no exterior poidan acudir ás urnas sen problemas.

Neste sentido, suliñou que foi "unha pena" que non se tramitase no Congreso antes do 20D a proposta que partiu do Parlamento de Galicia con tal fin. “Hai unha proposta pactada por PP e PSOE no Parlamento galego que foi remitida ao Congreso. Foi unha pena que non se tramitase e que se puidese aplicar xa nestas eleccións", apuntou.

Feijóo suliñou que a  última modificación lexislativa para regular o voto exterior por parte do PP fíxose ao entender que "non había garantías constitucionais" da "limpeza" dos sufraxios que procedían da diáspora. Tamén apostou polo voto electrónico “cun aplicativo informático" para "reducir papel" e permitir exercer o dereito a voto "de forma directa e rápida".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Raimundo Vázquez

A reforma foi creada polo soe e pactada co pp e ciu. Non lembro moita queixa dos partidos galegos tampouco