Como lograr copias legais de documentos emitidos no estranxeiro?

Apostila é un termo que provén do idioma francés, significa "nota" ou anotación. A nivel internacional, existe o que se coñece como Apostila da Haia, un método simplificado de legalización de documentos a efectos de verificar a súa autenticidade no ámbito do dereito internacional privado como, por exemplo, un contrato.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 11/12/2015 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Para os galegos este tipo de documentos teñen unha importancia e relevancia especial. Debido a moi numerosa emigración que soportou e segue a soportar o país, miles de familias de emigrantes e os propios emigrantes teñen que demostrar a miúdo ante as autoridades locais feitos administrativos ou privados sucedidos noutros estados e dos que, por defecto, non hai un método estándar de verificación internacional. Por poñer dous exemplos bastante frecuente, conseguir unha apostila dunha partida de defunción para lograr que unha persoa sexa enterrada no seu lugar de orixe ou lograr unha apostila dun acordo comercial pechado noutro país para lograr un crédito en Galicia.

Apostila dun certificado de defunción
Apostila dun certificado de defunción | Fonte: apostile.la

As apostilas son unhas follas adheridas ao reverso ou páxinas adicionais aos documentos que a autoridade competente estampa sobre unha copia do documento público. A Convención da Haia ou Conferencia da Haia de Dereito Internacional Privado foi a que regulou esta materia no ano 1961.

Nalgúns países como España, as apotílas poden obterse electronicamente. O documento dixital inclúe unha firma ológrafa nos documentos públicos apostilados, cun certificado ou firma electrónica válida.

Polo contrario, conseguir unha Apostilla de la Haya en Estados Unidos, por exemplo, é unha tarefa que pode resultar moito máis complexa. Afortunadamente, existen servizos en liña, como Apostille.net, que axudan ás familias de orixen galego que emigraron a Estados Unidos a solventar a burocracia para por exemplo, lograr apostilas para os certificados de morte, imprescindíbeis para tramitar a repatriación dos corpos para o seu enterro en Galicia.

Ademais de certificados de defunción, pódense lograr copias validadas de acordos comercias, poderes para letrados, certificados de nacementos, facturas, certificados de matrimonio, testamentos, titularidade de automóbiles, decretos de divorcios, diplomas, notas escolares e incluso dos rexistros de antecedentes do FBI!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta