Temas: AGRO LEITE VACA LUGO

O sector leiteiro agoniza

Lugo perdeu unhas 800 explotacións de Control Leiteiro na última década. En cinco anos só quedarán 1.000 explotacións, case 1.500 menos que en 2004.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/12/2015 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A crise económica e os baixos prezos do leite acaban coa pouca industria láctea do país. Só a provincia de Lugo perdeu desde 2004 unhas oitocentas granxas que estaban inscritas no programa de Control Leiteiro polo que das 2.400 que había hai 11 anos, só quedan 1.600, e o seu número segue baixando.

Vacas sendo ordeñadas mecánicamente nunha expolotación láctea
Vacas sendo ordeñadas mecánicamente nunha expolotación láctea

De seguir esta tendencia, e segundo os estudos elaborados por Africor, Lugo podería quedar con tan só 1.000 explotacións a final desta década xa que o seu ritmo de peche é dun 5% anual. Unha situación que afectaría a granxas xa “profesionalizadas”, e non familiares. De feito, neste ano xa se deron de baixa a estas alturas máis explotacións que en 2014 e a produción das granxas descendeu ao redor dun 6% desde o pasado mes de maio, como consecuencia dos baixos prezos do leite en orixe. Unha situación que está levando aos gandeiros a protestar en varias cidades galegas cos seus tractores.

Esta situación tamén está afectando á cabana gandeira. Segundo Africor, nun só mes, o número de baixou en torno ao 1,2%, dos 75.000 animais que hai censados nesta provincia. Unha situaciónq ue está provocando “saturación” nos matadoiros. 

Por iso, o director executivo de Africor Lugo, Ramiro Fouz, di que esta situación é “preocupante” porque son precisamente as explotacións máis modernizadas as que están tendo máis problemas para resistir.  O principal problema, di, son os prezos do litro do leite que están hoxe entre "26 e 28 céntimos de euro". Unha cantidade que "non é un prezo xusto para un produto coa calidade do leite galego", e ademais que "non vai subir", porque se están asinando contratos a seis meses con esa cotización.

Temas: AGRO LEITE VACA LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta