Novas mortes de reses por ataques de lobo

Denuncian que mandas des lobos mataron reses en Laza, Vilar de Barrio, Serra de San Mamede e Maceda. O SLG pide que se axilicen ás axudas aos gandeiros “que tardan, como mínimo, dous anos e, ás veces cinco ou seis”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/12/2015 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

O lobo volve ser o protagonista dos montes galegos e, desta volta, non por ser el a vítima, senón por ser o atacante. É o que denuncian gandeiros de varios puntos de Ourense que din que mandas destes animais mataron a varias reses nos últimos días.

Unha femia de lobo cos seus cachorros
Unha femia de lobo cos seus cachorros

 

Os ataques tiveron lugar en Laza, Vilar de Barrio, Serra de San Mamede e Maceda. O último deles tivo lugar na zona de Carballeda de Avia.  Alí, un gandeiro deu conta da morte dunha vaca de 19 meses devorada polos lobos nun ataque ocorrido este venres pola noite.

 

Precisamente, o Sindicato Labrego Galego (SLG) rexistrou varias mortes de reses nunha franxa dunha semana, noutro tres ou catro explotacións gandeiras. O seu portavoz na provincia, Anxo Pérez, di que se trata de ataques "esporádicos", que non ocorren todos os días, pero que se poden chegar a concentrar en breves períodos de tempo, sendo a zona máis afectada a da Serra de San Mamede.

 

Desde esta central, reclaman xunto cos gandeiros medidas para evitar posibles danos en reses e para protexer de ataques aos lobos, cuxa caza está prohibida desde hai anos en España, así como o pago das axudas aos afectados. Critica que a Administración autonómica tarda como mínimo dous anos e, ás veces cinco ou seis, en indemnizar os danos aos propietarios das explotacións gandeiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Arnulfo

Os conservacionistas debemos presionar a Xunta para que tome medidas para a protección dos gandeiros fronte ó lobo. O lobo é patrimonio natural de todas e todos, pero non pode ser a costa da economía familiar de centos de gandeiros. Axilizar os pagos cando corresponda, facilitar valados e outras ferrramenttas de protección así como garantir a existencia de presas ceibes como o corzo e o porco bravo.

1 Conservacionista

Os ratos tamén deberían ser patrimonio natural de todas e todos, pero non pode ser a costa da economía familiar de centos de gandeiros, roen o millo e as sapatillas... Axilizar os pagos pra vivir subvencionados e non sermos capazes de valernos por nos mesmos, mantento un control social caciquil por catro moedas, estou contigho.