Rivera esquécese de Galicia

O líder de Ciudadanos decide, finalmente, non acudir a Galicia tras cambiar, previamente e a última hora, un mitin que tiña previsto en Compostela.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/12/2015 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Albert Rivera, o líder de Ciudadanos, non visitará, finalmente, Galicia, a pesar das enquisas electorais que lle dan ata dous escanos nos comicios do 20D. A visita de Rivera programada para este martes en Galicia queda cancelada porque decidiu asistir ao funeral  que se celebrará polos dous policías asasinados en Afganistán.

Albert Rivera
Albert Rivera | Fonte: Carlos Delgado wikimedia

Rivera será substituído no cartel electoral por outra das líderes emerxentes deste partido, Inés Arrimadas, a dirixente da formación laranxa en Cataluña.  Ciudadanos terá o acto no Pazo da Ópera da Coruña. Un acto que tamén chega con polémica.

E é que, esta formación decidiu cancelar a última hora o seu mitin central, que ía ter lugar na Praza do Obradoiro de Santiago,  alegando “problemas de meteoroloxía” e trasladou o acto a Coruña. Con todo, finalmente, Rivera non pisará o país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 Galician

Boa sinal. Significa que os dous escaños son fume de enquisas, ao igual que as enquisas que lles daban quince concelleiros en maio. NON VOS CREADES AS ENQUISAS!

2 Ana

Cando menos que digan que opinan sobre o AVE galego, sobre a lingua, sobre a xestion do auga galega (¿dende Galiza ou dende Madrid?), sobre si hai que mellorar a financiación de Galiza ou de Catalunya, sobre si aquí tamen teriamos que sufrir a precariedade do contrato único, sobre que opinan sobre o TTIP, sobre que propostas teñen para o sector lácteo e a pesca, sobre si pensan mudar algo na que hoxe é sanidade publica e universal, etc.

1 Fartodobloque

A ver Anita que te noto un poquito alporizada. Verás, yo no conozco el programa de Ciudadanos de 1ª mano, pero respondiendo alguna de tus demandas te diré lo que sigue. Respecto de la lingüa, de inmersión obligatoria en jallejo, ná de ná; bilingüismo en las aulas y cada vez mayor presencia del inglés. El agua no es sólo gallega, es gallega y española; vamos, de todos los españoles, por lo que se gestionará teniendo en cuenta los intereses de todos los españoles (gallegos incluidos claro está). Las propuestas económicas y laborales son iguales para todo el país (el de verdad, es decir España). Bueno del resto, no tengo más espacio pero seguro que serán mejores que las que pasan por la independencia o por las patochadas comunistas que sólo traerán la ruina a nuestra región. Un saudiño

2 Ana

Por iso Galiza, sendo parte de España, non para de ver como a xuventude galega segue a emigrar, como perdemos poboacion e como están os nosos sectores económicos en crise grazas a como os "defende" España (sobre todo na UE). E se as propostas economicas son iguais para todo o país mal vamos xa que os galegos co turismo so non comemos. E en canto o auga informese de cal vai ser o recurso natual mais importante no futuro e como lle vai a algunas zonas "solidarias" cos trasvases. Sobre a lingua, decir que hoxe é mais útil o galego-portugues que o ingles e castelan, sobre todo pq formamos parte da eurorrexion Galicia-norte de Portugal e mais pensando no auxe dos BRICS. E xa me contara en que lingua se vai falar nos próximos Xogos Olímpicos.

3 Ana

E curioso que o estado español sempre xestiona tendo en conta os intereses de todolos españois pero aos galegos sempre nos toca emigrar. A industria para Madrid, Euskadi e Catalunya. Por certo, ¿hai que priorizar o AVE galego ou o corredor mediterraneo?. Non defendan tanto España, pq antes que España estan nacions coma Galiza, Euskadi, Portugal, Castela... que somos parte de algo mais antigo e fermoso que se chama Iberia. Eu creo na unidade pero de Iberia e de forma voluntaria dende a soberania e o recoñecemento das identidades das diferentes nacions. Non creo na globalizacion, nin no centralismo, nin no monolinguismo en castelan, nin no capitalismo, nin en reis...

4 nostrus

Ana, en los proximos juegos olimpicos se hablará portugues; el gallego como que no. Desde luego se hablara muchisimo mas el español que el gallego, no te quepa duda. La utilidad del gallego queda reducida para hacer politica, sobretodo para trepar en el bloque, aunque reconozco que nos ayuda un poquito en el mundo lusófono, pero nada mas. Siento que para ti el gallego sea una religion de obligado cumplimiento y que le quieras quitar identidad al intentar solaparla con el portugues. Abonda xa de tanto emborrachar co galego, facedeslle un fraco favor e dadeslle o abrazo do oso.

5 Fartodenacis

Ana: Sobre o seitor leiteiro, naval, renovabeis, madeireiro, etc. non falarán, porque descoñecen de qué vai iso. Só saben que "España se rompe" e os que viven do réxime neo franquista e tal, morren de medo con iso, respostarán calquera imbecilidade ante o que importa: o futuro que vamos aturar os galegos en Galiza, que é o sitio donde vivimos. Sabemos do qué serve que a España lle vaia ben: de nada para Galiza, pois nunca foi Galiza tan mísera como cando España era imperio. Sobre a lingua, moitos destes non saben ben o castelán, non lles pidas que saiban galego tamén, é moito para eles; porén para a cultura e posibilidades de espallamento da cultura xerada en Galiza é fundamental e ben se fará en non votar por quen non quera poñer en valor e aproveitar o que temos.

1 nostrus

No es positivo poner un titular tan malicioso para luego admitir que no viene por tener que asistir a un funeral de estado. Y es que Rivera es una persona de estado y no como otros cantamañanas.

1 Rurilu

Pode cambiar as datas, e vir outro día se de verdade ten interese.