Marea Pontevedra desminte que o agresor de Rajoy sexa desta formación

“Desde Marea Pontevedra entendemos que o cambio vai o 20D das propostas e das sonrisas da xente”, indica tras algunhas informacións xornalísticas que relación ao mozo con esta formación.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 16/12/2015 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

Marea Pontevedra desminte “rotundamente” que o mozo que agrediu ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, pertenza a este partido.

Rajoy pasea por Pontevedra antes de que un mozo lle dera unha labazada na cara
Rajoy pasea por Pontevedra antes de que un mozo lle dera unha labazada na cara | Fonte: @anapastorjulian

Tras as informacións aparecidas nalgún medio, que apunta a vinculación deste rapaz, presuntamente menor de idade, coa Marea, esta formación nega este feito. “So entendemos que poida ser debido á confusión xa que na mesma zona membros de En Marea e doutros colectivos estaban a repartir información”, indica nun comunicado.

“Desde Marea Pontevedra entendemos que o cambio vai o 20D das propostas e das sonrisas da xente”, engade esta formación. Rajoy foi agredido por un mozo mentres daba un paseo pola cidade do Lérez. O rapaz pediulle facerse un selfie con el e aproveitou para darlle un golpe na cara.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Mareiro

Claro que non, é dos Padres Franciscanos, que teñen por lema 'Paz y Bien'. ¿No dicía Beiras que había que meterlles un estadullo pola cabeza? Este mozo quedouse corto.

2 anonimo

Non era, non. Seguro que era de Ciudadanos.

1 Ana

Penso que hai moito nerviosismo ante a remontada dos partidos de esquerda.