Feijóo: “O PP gañou claramente as eleccións en Galicia”

O líder popular destaca que o PP galego sacou mellor resultado que o conxunto do PP no Estado e destaca que, grazas a autocrítica e a renovación que fixo do seu partido, os resultados non foron peores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/12/2015 | Actualizada ás 23:57

Comparte esta noticia

En Galicia somos claramente o partido máis votado. Ten unha diferencia de máis de 12 puntos coa segunda forza que é en Marea. Somos o partido con máis escanos. Somos o partido máis votado en todas as provincias, a segunda autonomía na que obtivemos maior diferencia de escanos co segundo partido e no Senado sacamos o 100% dos senadores posibles, 12”. Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta e líder do PPdeG, destacou que o seu partido foi “claramente” o vencedor das eleccións en Galicia, a pesar de perder cinco deputados.

Feijóo no acto de apertura da campaña das xerais do 20D
Feijóo no acto de apertura da campaña das xerais do 20D | Fonte: @ppdegalicia

En todo caso, recoñeceu que foron as eleccións “máis difíciles do PP en toda a súa historia”, porque , en fronte, había outras tres formacións con posibilidades de ser a primeira; o PSOE, Podemos e Ciudadanos.  E, a pesar de destacar os resultados en Galicia –pasou do 52% dos votos ao 37%-- tamén recoñeceu que “perderon apoio”.  Unha perda de apoio producida, dixo, porque a xente “aínda non percibiu a recuperación económica” e polos casos de corrupción que afectan ao seu partido.

E, neste contexto, Feijóo indicou que hai que reflexionar e facer “autocrítica”. Unha atocrítica que, no seu caso, insistiu, xa fixo ante e, por iso, “non tivemos peores resultados”.  “Temos que seguir renovando políticas, equipos e actitudes para achegar máis á xente. Senón tiveramos comezando agora ese camiño antes, os resultadios serían diferentes”, engadiu.

Por iso, insistiu; “pese á vitoria electoral non hai que caer en triunfalismo xa que a gobernabilidade de España tense que concretar nos vindeiros meses”. E, neste punto, reclamou “responsabilidade” ao resto dos partidos para garantizar o goberno do Estado. “E como partido con máis votos e máis escanos, o candidato Rajoy correspóndelle formar goberno e confío na capacidade de Rajoy de formar gobernar”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Martina

Novo fracaso de Rey Varela o responsable da campaña do PP, Fixaron o obxectivo de manter a maioría absoluta en Galicia, 12 deputados, e perdérona, teñen 10