En clave de autonómicas

Admito que teño certa saudade polos resultados electorais en Galicia, pois resúltanme un chisco agridoces. Pero o mundo segue camiñando e chegou o momento de mirar para o futuro. Polo que, logo de escoitar a voz dos electores reflexada en votos, sen reproches nin o reclamo de facturas atrasadas, chegou o momento de falar para acadar un mañá que lle dea espranza ós galegos e a solución ós problemas endémicos desta terra. Chegou o momento de atisvar un futuro que non pase unicamente polo goberno dos de sempre. Sí, dos que repiten machaconamente que imos a mellor, cando estamos esmorecendo. Dos que din que hai ir tirando que é tanto como como aceptar mamsamente un conto que nunca remata.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 22/12/2015

Comparte esta noticia

Galegos  somos todos os que habitamos nesta terra e aspiramos a un futuro mellor.  Pero os galegos temos unha personalidade e uns problemas, algúns semellantes ó resto do conxunto dos cidadáns da península, e outros moi diferentes que resaltan a nosa persoalidade e teñen a súa especificidade concreta.  Dende ise punto de vista tamén temos que entender que a heteroxeneidade da composición do mapa social galego. Por eso esta terra, camiñará  e avanzará  se nel se implica o mundo do chamado progresismo, aínda que non acepte na súa totalidade as teses nacionalistas. E ise sector está basicamente nas cidades e nas vilas.

O mundo rural é amplo pero non é decisivo no número de votos para cambiar as tendencias sociais. Polo tanto,  nacionalismo e progresismo teñen que camiñar da mán xuntos para crear algo ilusionante que lle permita a esta sociedade gañar metas sociais, ampliar o seu marco competencial e o autogoberno, gañar cotas de poder político e económico, defender a súa cultura sen sectarismos nin apropiación partidadrias do que é patrimonio de todos, e gañar un fururo mellor para as novas xeneracións. Pero, para iso,   tamén hai  que facer algunhas concesións. A primeira é  arredar ós sectores minoritarios que falan de independentismo; desvincular o nacionalismo do sindicalismo. Cada organización ten o seu rol, e ás veces neste mundo tan complexo, non son coincidentes. Falar menos de soberanía e utodeterminación utópica é baixar á política práctica que é  moito máis efectiva ca vivir no mundo das ilusións  sen vivos de futuro sendo sempre resistencia.

Pero ademais do anterior tamén é necesario que vellos líderes lle deixen paso a novas xeneracións que non viviron o tardofranquismo nin a transición á democracia.  Necesita esta terra aire novo, e esquecemento das leás habidas que lastran os acordos e o  futuro.
Galicia falou e deixou atrás un ciclo e unha forma de ver a política. Somos  un país diverso e moi interesante. Falemos,  unamos forzas naquelo que nos é común  para rachar co meigallo de que sempre andamos rifando ou discutindo polas leiriñas de poder e poder acadar o poder nas autonómicas. E seguro que teremos un futuro mellor. Do contrario, vivir un nacionalismo de resistencia é tanto como impedir a evolución do mundo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com