O deputado que é motivo dunha tese doutoral

A especialista en crítica literaria Teresa Seara acaba de presentar un estudo sobre a obra poética de Miguel Anxo Fernán Vello, novo parlamentario no Congreso de En Marea.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/12/2015 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

"A obra poética de Miguel Anxo Fernán Vello". Ese foi o título dunha tese doutoral sobre a figura de quen acaba de ser elixido deputado para o Congreso de En Marea. Un traballo no que se analiza a obra do escritor e poetá «por ser unha das voces máis recoñecidas da súa xeración».

A profesora e estudosa Teresa Seara con Miguel Anxo Fernán Vello, cuxa obra poética foi motivo dunha tese doutoral
A profesora e estudosa Teresa Seara con Miguel Anxo Fernán Vello, cuxa obra poética foi motivo dunha tese doutoral

A profesora, ensaísta e especialista en crítica literaria Teresa Seara comezou a traballar coa obra de Fernán Vello xa nos anos 90. “É certo que a xeración de Miguel Anxo Fernán Vello ten grandes autores pero, con once obras xa publicadas, el é un dos máis premiados, dos máis recoñecidos pola crítica e dos que ten maior proxección internacional”, apunta. “A súa obra é moi rica e vai evolucionando e dialogando co lector contemporáneo –engade-. E case a primeira tese que se publica sobre autores desta xeración e dunha obra tan contemporánea”. 

O seu traballo está estruturada tres capítulos. No primeiro fai un pequeno estudo sobre a época de Fernán Vello, dende o ano do seu nacemento (1958) ata hoxe, e analiza a evolución da poesía durante ese período e os aspectos históricos e sociais que influíron en esa evolución. 

No segundo capítulo aborda a biobibliografía do autor, centrándose en aspectos da súa vida e da súa obra, non unicamente poética, senón tamén no teatro ou no ensaio. 

O último capítulo céntrase xa no análise da obra poética de Fernán Vello e está tamén estruturada en tres partes: o discurso da celebración, no que se analiza a poesía erótica e telúrica; o discurso da desolación, no que fala da introdución do mundo humanista e da poesía de intervención; e a metapoesía, que segundo Seara vertebra toda a obra do poeta dende os seus comezos. 

A tese inclúe tamén varios apéndices nos que se recollen poemas publicados en obras colaborativas ou en xornais, así como dous poemas inéditos que o autor lle cedeu. 

O traballo de Teresa Seara estivo dirixido polos profesores e doutores Xosé María Dobarro e Teresa López. A autora defendeu este martes, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, esta Tese Doutoral pola que obtivo unha nota de sobresaínte á espera de saber se lle conceden tamén o Cum Laudem.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Doutor Ghu

metapoeta, poeta da poesía, poesía ao cadrado, poesía introspectiva...

1 Pasaba por aquí

Miguel Anxo é un grande trepa. Hai xente na Galiza que merece moito máis unha tese de doutoramento pola literatura que escribe. Respecto o traballo de Teresa Seara, mais non paga a pena darlle tanto bombo a un tipo que só quere medrar.

2 890

Miguel Anxo é un grandísimo poeta e tamén unha grandísima persoa. O seu labor editorial e a súa loita pola cultura galega aí están para todos. Non recoñecelo sería de necios ou de envexosos.