Choque entre a Xunta e o TSXG sobre cando a Xustiza europea avaliará os eólicos de Galicia

O TSXG di que o Tribunal Europeo no priorizará a cuestión prexudicial do TSXG e a conselleira de Medio Ambiente insiste en que será un tema "prioritario".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/09/2024 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

División de opinións sobre a urxencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) de revisar a cuestión prexudicial sobre a suspensión de planos eólicos de Galicia decretados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Mentres este órgano di que non hai "prioridade" a Xunta di todo o contario.

Parque eólico. DFA
Parque eólico. DFA | Fonte: Europa Press

O TSXG di que, nun auto emitido a este órgano, o TXUE explicaque aínda que a tramitación do procedemento acelerado pode estar xustificada “cando exista un risco de que se produzan consecuencias irremediables para o medio ambiente”, neste caso entende que “non se desprende que tal risco exista no litixio principal”, pois destaca que “non se infire que os parques eólicos de que se trata estean a construírse, a pesar dos recursos interpostos”.

“A natureza do presente asunto prexudicial non esixe resolvelo en breve prazo”, destaca o TXUE no auto, ditado o 10 de setembro. Con todo, indica que, “tendo en conta o asunto e a importancia das cuestións que expón”, lle dará “prioridade sobre os demais, con arranxo ao artigo 53, apartado 3, do Regulamento de Procedemento”.

A XUNTA DI TODO O CONTRARIO

Pola contra, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, ÁngelesVázquez, insistiu en que a decisión do tribunal europeo é "prioriaaria". Así, indicou que as teses do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en relación á instalación de parques eólicos, e que motivou que só cinco proxectos evitasen a suspensión, xeraría un "auténtico caos".

En declaracións aos xornalistas, a conselleira manifestou sentirse "contenta" pola comunicación de que o TJUE daralle "prioridade ao tema galego" debido a "a transcendencia do tema" xa que a resolución deste tipo de asuntos, segundo explicou, adoita demorarse "uns 18 meses".

Vázquez apuntou que "a parálise dos eólicos en Galicia non é allea ao resto de España" e que esta decisión do TSXG pode afectar tamén as declaracións de impacto ambiental". Ademais, anunciou que "o vindeiro venres" haberá un encontro entre técnicos da Consellería de Medio Ambiente e do Ministerio de Transición Ecolóxica, quen, na súa opinión, "parece que despois de moitos meses abriron os ollos". "Pode haber un auténtico caos en España pola tese do TSXG", apostilou antes de inaugurar o primeiro foro técnico da Alianza Galega polo Clima.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta