Beiras: "Se o PSOE inviste a Mariano Rajoy cavará a súa propia fosa"

O líder de Anova carga duramente contra a estratexia dos dirixentes territoriais socialistas e aposta por "facerlle un cerco" a este partido para que "non caia na tentación" de permitir que goberne o PP no Estado. Anova insiste en manter a "fiestra aberta" a outras formacións para acadar o Goberno da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/12/2015 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A tensión que vive o PSOE tamén se trasladou este sábado ao panorama político galego. O histórico nacionalista galego Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de Anova, cargou duramente contra a estratexia dos dirixentes territoriais socialistas de impedir un goberno do seu líder, Pedro Sánchez, con Podemos. "Se permiten un goberno do PP estarán a cavar a súa propia fosa", advertiu.

Xosé Manuel Beiras, líder de Anova
Xosé Manuel Beiras, líder de Anova

"Se os socialistas propician que Mariano Rajoy poida seguir sendo presidente, ou outro candidato ou candidata do PP, ao único que estará a contribuír é a cavar a súa propia fosa e a converterse nun partido detestado pola cidadanía que aínda pensa que é esta unha forza socialdemócrata", dixo Beiras tras unha xuntanza que mantivo a Coordinadora Nacional de Anova este sábado.

"É indispensable que a alianza que se estableceu entre o pobo catalán, o pobo do país valenciano, e o pobo galego primordialmente, con Podemos a nivel de Estado, funcione de inmediato, pois esa alianza plural, respectuosa e explicitamente defensora dos dereitos políticos da soberanía dos distintos pobos é rotundamente oposta ás políticas agresoras dos populares", engadiu.

Por iso, insistiu en convencer á outra parte do PSOE, a liderada por Sánchez, para que non permita un goberno do PP coa súa abstención no Congreso. "Temos que facerlle un cerco ao PSOE para que non caia nesa tentación".

"Hai que impedir que nas Cortes do Estado sexa investido un presidente de Goberno do PP, ese é un reto moi difícil pero no que imos traballar de inmediato", dixo en alusión a En Comú Podem, Compromís-Podemos-És el moment e En Marea.

Neste sentido, suliñou a importancia de permitir realizar referendum nas nacións sen estado porque, dixo, os resultados, especialmente os que corresponden ás "nacións periféricas", vese que existe unha demanda social importante cara ao dereito a decidir das persoas e dos pobos como máxima expresión de democracia e por tal razón é, ao seu xuízo, o PSOE o que ten que volver xa á súa "tradición federalista".

"É que seica nunha alternativa como En Marea que encarna un suxeito político galego non imos facer o mesmo?", apuntou. Ademais, lembrou que o líder de Podemos, Pablo Iglesias, mantense nunha posición "rotundamente defensora" daquilo ao que se comprometeu "e que é coherente" ao amparar "o dereito a decidir de todos os pobos da realidade plurinacional do Estado".

Grupo Parlamentario

En Marea colaborará, se se dá a oportunidade, nun gran pacto da esquerda, avanzou, e manifestou, así mesmo, a súa convicción de que esta coalición instrumental, que logrou o 25% dos votos, quedando como segunda forza en Galicia con seis escanos no Congreso, terá un grupo propio, pois se superan amplamente os requisitos legais e "non hai posibilidade xurídica" algunha de que isto non vaia a ser así.

Por outra banda, a Coordinadora Nacional de Anova, aprobou unha resolución na que destaca a importancia dos resultados acadados por En Marea, plataforma da que é impulsora esta formación. Así, destaca que, por vez primeira, un grupo parlamentar galego no Congreso, que se exprese en clave da cidadanía da nación galega, amais da obtención de dúas actas no Senado, sitúa a En Marea nun punto de partida "excelente para camiñarmos cara a superación do réxime do 78".

Para a Coordinadora Nacional de Anova, estas eleccións constituíron tamén unha demostración de que os procesos amplos e plurais de unidade popular "teñen unha importante receptividade social para liderar o cambio político e social e, xa que logo, marcan o camiño".

"Fiestras abertas"

Deste xeito, a formación de Beiras indica que vai pular tamén por dirixir boa parte dos seus esforzos a contribuír, dentro de En Marea, á potenciación "dunha alternativa cidadá real para, nuns meses, acadar a maioría no Parlamento galego". "A fiestra de oportunidade para a expresión da unidade popular continúa aberta. Cómpre agora termos colectivamente a intelixencia política e a xenerosidade necesarias para levar este proxecto adiante", engade.

POr iso, aposta por continuar a desenvolver o espazo sociopolítico de confluencia En Marea como ferramenta de base cidadá "para mudalo todo, tanto os xeitos de facer política como, no contexto específico destas eleccións, xogar un papel salientábel como galegas e galegos na política estatal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

9 Xoán Manuel.

Matinando no éxito de "En Marea", pregúntome sobre as causas, e atopo unha da que non lin nin oín nada : o precentes que vivimos en Vigo o 3 de setembro coa impresionante manifestación contra da privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro. Certo que Abel Caballero deu toda sorte de facilidades para que os autobuses da bisbarra aparcaran no centro da cidade. Pero o caladeiro de votos foi parar a esta coalición, e senón que se reparen non só nos resultados da cidade olívica senón tamén en arredores.

1 Vizoso

Pero Manolo G Moreira non está en NOS caga?

8 Rega dos Agros

Na nova En Marea para as Autonómicas deberían poder entrar todos para fortalecer a unidade popular. Todos menos eses políticos profesionais que detentan gobernos que se din de esquerdas e nacionalistas, caso de Pontevedra, pero que teñen todos e cada un dos servizos públicos privatizados e en mans da gran banca.

1 Gaitas do Nalón

Vancha meter doblada e por encima vas quedar a gusto. Éche o que hai entre os que mandan e os que serran debaixo coma ti.

7 uncas

O que ten pinta que vai pasar e que pp(adeus rajoy) e ciudadanos, pnv, canarias... van dar o goberno ao psoe co pro tratado de libre comercio ttip sanchez de presidente, operación salvar o soldado preparao.

6 Gamela

Ollo ao piollo ! Beiras parece esquecer cando fala para ANOVA que os resultados electorais son froito de algo que vai moito máis alá de ANOVA e AGE e Mareas... Para min son froito de algo que naceu o 15M e aínda está sen resolver (non é precisamente o Pazo do Hórreo o que lle interesa aos votantes de En Marea!) // Beiras -coma sempre- logo da campaña electoral vai un chisco "pasado de frenada" e sería boa cousa tomar distancia para saber a onde imos! Sería un erro-monumental dar a entender que con Cataluña-Valencia-Galicia estaríamos no camiño da UNIDADE POPULAR que precisamos para mudar de Constitución e reclamar os Dereitos de TODOS! / Coidado con volver mirarse o embigo ese foi precisamente o erro do BNG (Beiras, coidado con botar o carro diante dos bois...a modo ! http://www.noticiasvigo.es/en-marea...

1 bautista do unto

Beiras, atinado como sempre e marcando o camiño. Os da UPG-CIG xordo-mudos-cegos, na súa liña habitual

2 Gamela

Beiras, coma moitos nacionalistas, segue "sen comprender" que todo comezou aquí, con milleiros de manifestacións autoconvocadas grazas ao Movemento 15M (espontáneo, agás que sigamos as teorías conspiranoicas da UPG) https://youtu.be/t_pQcj-7ev0?t=8m39... Eu lembro que ningún sindicato comprendía nada! ¿Cómo era posible que catro gatos encheran rúas e prazas sen máis que convocar á xente INDIGNADA? ¿Quen estaba detrás destas convocatorias, catro rapaces novos e universitarios? Sen máis organización ca súa INDIGNACIÓN e moitas ganas de decir BASTA? Se ANOVA + EU non andan con coidado, poden matar a ILUSIÓN que gardan eses 408.370 votos que hoxe recibiu En Marea !

5 DigoEu

Eu aquí vou discrepar un pouco deste gran político que é Beiras. Non ten sentido facer agora a nivel estatal un goberno de Podemos, Mareas e demais co PSOE. Sería unha maioría, se se consegue, moi precaria e sobre un programa inaceptable desde o punto de vista da esquerda de verdade. O PSOE non é esquerda, e parece mentira que non o teñamos claro. O único para o que serviría un goberno da esquerda co PSOE é para favorecer o bipartidismo, neste caso apoiando o PSOE e facendo a política do PSOE porque nin faría nada contra o euro nin contra pagar a débeda privada a base de recortes sociais nin, moito menos, saír da UE ou da OTAN, nin facer un proceso constituínte en vez da chafallada da constitución do 78, nin referendo monarquía-república nin referendo de autodeterminación en Cataluña e outros sitios, etc. Iso non se podería facer, todo o máis apoiar a un do PSOE para ser presidente pero sen entrar en absoluto no goberno.

1 DigoEu

Eu pensó que o máis lóxico sería un goberno da dereita, que é quen realmente gañou as eleicións (PP, PSOE, Ciudadanos, Convergencia, PNV). Este goberno tocaría fondo do desprestixio, habería (supoño que haberá) pronto eleicións anticipadas e entón é cando realmente vai ter posibilidades a esquerda, que previsiblemente aumentará bastante os votos.eixar un comentario?

2 nostrus

DigoYo. Yo no se si a esas conclusiones has llegado tu solo o te ayudaron, pero en caso de que te ayudaran cambia de asesores porque te estafaron. Lo que se necesita en este pais (España por si hay alguna duda), es una coalicion que se preocupe por el bienestar de la gente en general, que no sea excluyente, ni racista, ni fascista, que apueste por la realidad social y se aleje de las tonterias identitarias y la ingenieria social

3 DigoEu

Algúns IGNORAN que para facer unha coalición debe haber acordos para facer un programa no que coincidan todos, o cal moitas veces non é posible porque, a ver se nos decatamos, non todos os partidos pensan igual sobre cales deben ser as solución aos problemas. Eses burros dos que falo parece que non saben que se todo o mundo tivese as mesmas opinións non existirían diferentes partidos. E por se acaso quero facerlle ver a nostrus (¿ou quixo dicir "noster"?) que dous por un é dous, dous por dous catro, dous por tres seis, dous por catro oito, dous por cinco dez, dous por seis doce, dous por sete catorce, dous por oito dezaséis, dous por nove dezaoito e dous por dez vinte. Máis adiante podes meterte coa do tres, e así sucesivamente. Ao mellor desta maneira se desasna e deixa de votar polo PP.