Voces no PSdeG piden “respecto” para Sánchez e unha consulta aos militantes

Lembran que o líder do PSOE foi elixido en Primarias polos militanes e din que as críticas ao secretario xeral "convulsionan" a este partido.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/12/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A tensa situación que vive o PSOE tras as eleccións do 20D tamén fixo reaccionar a parte da militancia galega. A plataforma En Positivo, por un Novo Proxecto Socialista Galego acaba de pedirlle aos baróns socialistas “respecto” para o secretario xeral, Pedro Sánchez, e, a este, a apertura dunha consulta entre os militantes para decidir a política de pactos deste partido.

Susana Díaz e Pedro Sánchez nun mítin en Andaluzía
Susana Díaz e Pedro Sánchez nun mítin en Andaluzía | Fonte: La sexta

“Queremos manifestar o noso profundo desacordo co cruce de declaracións irresponsables e fora de contexto e dos órganos do partido co ánimo de convulsionar a vida interna do PSOE por parte de varios altos cargos autonómicos e ex altos cargos socialistas ou en institucións gobernadas no seu día polo PSOE”, engade este grupo nun comunicado.

Por iso, esíxenlle a todos os dirixentes do partido, agás aos representantes federais encargados da formulación do goberno, “que abandonen o debate nos medios de comunicación e cesen con elo de convulsionar a vida interna do PSOE de xeito irresponsable”.

Tamén, piden o respecto de todos os militantes ao secretario xeral, Pedro Sánchez, e lembran que foi elixido a través dun proceso de primarias, “como o encargado estatutariamente de fixar a liña política a seguir coa súa executiva”.

Neste sentido, lembran que Sánchez foi elixido para representar ao PSOE nas eleccións xerais e obtivo unha representación electoral que lle faculta, se o PP non acada a maioría necesaria para a investidura do seu candidato, “a abrir un proceso de negociacións para impulsar un goberno alternativo ao actual, presidido por un socialista”.

Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, nun acto previo a súa elección
Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, nun acto previo a súa elección

Insiste este grupo de militantes que os cidadáns déronlle ás costas ao PP polas súas políticas regresivas. Unhas políticas que poderían cambiar  co PSOE, di, que devolva aos españois os dereitos que o PP lles retirou nestes catro anos. “Non dar resposta a esta demanda maioritaria da cidadanía, sería darlles ás costas e podería ter consecuencias imprevisibles para o PSOE como proxecto común de esquerda e da socialdemocracia en España”.

En Positivo entende que as circunstancias derivadas do resultado electoral do pasado 20 de decembro teñen situado ao PSOE ante unha “importante responsabilidade” con España. “Unha decisión por tanto, que non deben tomar só nin a executiva federal nin o Comité Federal, sino todo o partido”, engade. Por iso, insiste na necesidade de realizar unha consulta sobre as políticas de pactos a seguir.

Esta plataforma está conformada por un colectivo de militantes socialistas galegos que ten como obxectivo impulsar a democracia interna deste partido “e os valores que o conforman, o socialismo, o galeguismo e a democracia”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Cicais lembrarlle aos "positivos socialistas" qué foi o que moveu o voto de 5 millons de cidadáns... Non é "quén" senon "cómo e para qué" ! Seguen sen enterarse de nada! https://www.youtube.com/watch?v=XQd...

2 Lector

Noraboa!

1 Lector

Noraboa!