Temas: FUXIDAS

A Irlanda Salvaxe

Samanta F. Cortés, xornalista que traballa en Irlanda, conta nesta segunda entrega outra pequena historia do fogar dos Tuatha Dé Danann e Fomoré. Un itinerario de viaxe pola natureza máis salvaxe da illa celta.

Por Galicia Confidencial | Dublin | 27/12/2015 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O oeste de Irlanda é a parte máis abrupta da illa, e a excepción de Dublín é tamén a que recibe máis turismo ao longo do ano. Durante moito tempo foi a Irlanda esquecida, a que tivo que emigrar cara América escapando da miseria, as enfermidades e as malas condicións de vida. Hoxe, ainda que os oriundos destas terras denuncian que seguen indo atrás dos avances da costa este, minguou de maneira significativa o desnivel que houbo algún día entre os estándares de vida de ámbolos dous lados da illa.

Moher Cliffs, no oeste de Irlanda
Moher Cliffs, no oeste de Irlanda | Fonte: endondesea.com

Un dos motores económicos que impulsou o desenvolvemento do oeste de Irlanda foi o turismo. A cultura tradicional e a lingua irlandesa teñen continuidade na costa oeste hoje en día. Os pubs ateigados de xente cantando en tocando cancións ancestrais, atraen a moitos extranxeiros e extranxeiras que queren coñecer o auténtico vivir irlandés. Moita xente acode impulsada pola gran cantidade de festivais que se celebran durante todo o ano. Por outra banda, a maior parte dos ghaeltacht (zonas xeográficas onde se conserva o irlandés) están tamén nesta zona. E por último, cómpre decir que as maiores xoias naturais da illa, bandeira da publicidade turística do país, están espalladas polo oeste, excluíndo a famosa Costa dos Xigantes que está na Irlanda do Norte. Aquí deixo un pequeno itineriario para que ninguén deixe de visitar os enclaves máis fascinantes de Irlanda.

CONNEMARA

Se hai unha paisaxe que se sae da postal de infinitos lameiros verdosos con pouca elevación, é sen dúbida a de Connemara. Esta rexión está ó norte da cidade de Galway, e é das poucas cadeas montañosas do país. As súas cumes pódense apreciar dende máis de 50 quilómetros de distancia, mais a inmensidade so se presenta ante a tua insigficante altura cando percorres os camiños serpenteantes ao pé delas. É ademáis o ghaeltacht con máis falantes do país.

A Kilmore Abbey, un castelo transformado en abadía nas últimas décadas, sorprenderate logo dunha desas curvas que parecen non chegar a ningures. Podes até transladarte momentáneamente a Noruega a través do imponente fiordo de Killary, único en Irlanda e que divide o Condado de Galway e o de Mayo. Á sua beira, o Hostel Sleepzone ofrece alolaxamento a partir de 20 euros por persoa, e dende as sua instalacións podense disfrutar unhas vistas privilexiadas.

Kilmore Abbey, un castelo transformado en abadía nas últimas décadas
Kilmore Abbey, un castelo transformado en abadía nas últimas décadas | Fonte: endondesea.com

ARAN

As illas de Arán encandilaronme de maneira excepcional. Foi o epicentro da resistencia da cultura irlandesa fronte á colonización Británica, debido a difícil accesibilidade, e os habitantes enorgullécense delo. Arán é outro dos importantes ghaeltacht do país e percíbese de inmediato cando a xente que vive alí fala inglés cos turistas, xa que definitivamente non é a súa lingua.  ​

O espíritu de supervivencia dos primeiros que habitaron as illas é tamén algo a resaltar. Todas as pedras que hoxe forman parte dos innumerables muros que hai estrados por toda a superficie, estaban orixinalmente esparexidas polo chan. A insistencia por habitar estas terras tan desafortunadas climáticamente, fixo que a xente recollera unha por unha todas esas pedras e as organizaran formando lameiros. Tiveron ademáis que abonar con algas para poder fertilizar o solo... Non é acaso para levartarlles un monumento?​

Pódese chegar a calquera das tres illas dende Doolin, Galway e Connemara. O billete de ferry custa entre 20 e 25 euros ida e volta (dependendo da distancia ata a illa elexida).

MOHER CLIFFS

Este é sen dúbida a xoia da república irlandesa. Penso que non hai persoa que chegue á illa e deixe de visitalos. A súa sorprendente altura, xunto co vento que ameza con tirarte á auga, non te deixará indiferente. É unha peza única da natureza, pero pode chegar a converterse nun incordio a cantidade de xente que se apelotona nos únicos intres que a choiva amaina. Pódese chegar en autobús ou coche, neste último é importante saber que hai que pagar 6 euros por persoa no único aparcamento que hai pola zona (así non hai sorpresas desagradables). ​

BURREN

O Burren é un territorio moi peculiar de 300 quilómetros cadrados, composto por rocas e presentando unha paisaxe moi atípica. Parte do Burren é un Parque Nacional (The Burren National Park) e está especialmente preservado polo goberno para que se manteña limpo e coidado. É un lugar que merece moito a pena pola súa especificidade, xa que non hai outro semellante. Ademáis conta formacións arqueolóxicas únicas na zona, coma o Dolmen de Poulnabrone. Hai numerosas rutas de sendeirismo de diferente dificuldade e lonxitude, para que cada quen elixa a que mellor se adapte ós seus gustos.​

A perfumería do Burren

Hai panfletos turísticos por tódos os centros de información, e ainda que nun inicio non lle din moita importancia, mudei de idea cando a fun visitar. Aillada no medio da nada, a perfumería de Burren produce xabóns e aromas cas flores da zona que son únicas no mundo. Pódese ver a pequena fábrica onde os fan, percorrer a horta na que cultivan tés e tomar unha das súas ricas infusións na pequena cafetería que forma parte da perfumería.

_____________________________________________________

'Samanta F. Cortés (Sober, 1986) Título de licenciada en Ciencias Políticas mais viaxeira de profesión. Aproximándose cada vez máis ao xornalismo de viaxes, escribe para revistas dixitais así como para a súa páxina web: www.endondesea.com   @endondeseablog  (facebook) En Donde Sea

Unha das paisaxes de Connemara, en Irlanda
Unha das paisaxes de Connemara, en Irlanda | Fonte: endondesea.com
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta