O ex líder da UPG ataca aos nacionalistas que votaron En Marea

“Non me cabe a menor dúbida que algúns miles de nacionalistas conscientes non tiveron o menor escrúpulo en votar unha candidatura que non o era, simplemente por acreditar en que insería a suficiente dose de galeguismo na enxurrada poliédrica, televisiva e española de Podemos”, apunta. Acusa a En Marea de utilizar a “confusión e a trapallada”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/12/2015 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

A UPG segue sen facer autocrítica dos resultados acadados polo coalición impulsada polo BNG nas pasadas xerais, Nós-Candidatura Galega, ou, cando menos, algúns dos seus dirixentes. Os culpables, como noutras ocasións, seguen sendo outros, especialmente, Xosé Manuel Beiras, Podemos, as televisións españolas e "algúns miles de nacionalistas”.

Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e Francisco Rodríguez, líder da UPG, cando os dous compartían militancia no BNG
Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e Francisco Rodríguez, líder da UPG, cando os dous compartían militancia no BNG | Fonte: Kopa

E é que o ex secretario xeral da UPG e actual membro do seu Secretariado Político, Francisco Rodríguez, a forza hexemónica e dominadora do BNG tras a escisión de Amio, acusa directamente aos nacionalistas que deron o seu apoio a En Marea “conscientes que non tiveron o menor escrúpulo en votar unha candidatura que non o era, simplemente por acreditar que inxectaba suficiente dose de galeguismo na corrente poliédrica, televisiva e española de Podemos, a máis eficaz para acabar con Rajoy e rexenerar o sistema, segundo a oratoria do seu carismático líder".

“Demoledor”. Ese é o título do artigo que Rodríguez publica en Terra e Tempo, a web da Fundación Bautista Álvarez. Demoledor porque, como moi ben di o histórico dirixente do BNG, “non vou facer grandes análises. Moito menos recorrer a xustificar uns resultados demoledores, inesperados para min na súa contundencia. Simplemente, polo de agora, vou sinalar algunhas evidencias”.

Sinala Rodríguez evidencias, pero non autocrítica porque, suliña que os problemas e as limitacións do BNG “eran previos” e teñen a ver coa ruptura da unidade do nacionalismo galego e coa conxuntura política no Estado español. “Respecto da primeira cuestión, parece claro que, de térense presentado unidas as distintas formacións que se autoproclaman  nacionalistas, habería opción a obter representación no Congreso, malia for de forma moi axustada”.

Respecto da segunda, Rodríguez ataca directamente a Xosé Manuel Beiras. “Cómpre aclarar, máis unha vez, cuestións evidentes que, continuamente, se pretende agochar por parte de quen, en nome de Galiza, se dispuxo a favorecer un deseño de reformulación do sistema de partidos para o réxime recuperar a lexitimidade social en crise. O argumento fundamental, non o esquezamos, é que Galiza, por si, non é capaz de expresar unha vontade política suficiente para facerse valer. Necesitamos apoiarnos en forza allea”, apunta en alusión ao pacto de Anova con Podemos.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

De feito, Rodríguez vai máis alá e acusa a Beiras de ter contribuído á “confusión" e "agravar a debilidade electoral do nacionalismo" ao "favorecer a aplicación do deseño españolizador" ao apostar pola fórmula En Marea.

O líder da UPG xustifica, como xa o fixeron outros dirixentes do seu partido, que o efecto Podemos non só afectou a Galicia, senón a Cataluña e Euskadi, é dicir, ás nacións sen estado. Un argumento que serve para xustificar que o fracaso do BNG non é único e “a cousa é seria”.

Ademais, desacredita a fórmula de En Marea ou podemos porque, di, “usa un recurso vello en forma desconsiderada: a confusión, a trapallada”. Neste sentido, critica que queiran formar un grupo parlamentario propio  porque “o que hai na realidade é unha coaligazón de partidos, Podemos, IU e Anova. Non outra cousa. Os deputados e deputadas eleitas a eles pertencen”. “É máis, o Ministerio do Interior, non sei se el tamén trapalleiro, informando nas súas páxinas oficiais sobre as Eleccións Xerais 2015, deixa claro que, na Galiza, a candidatura vai encabezada por PODEMOS, sen nada máis antes que teña valor xurídico ou legal algún”, engade.

Finalmente, Rodríguez, a pesar de recoñecer as dificultades que atravesa o BNG é contundente; “non nos deixemos arrombar por esta difícil e complexa conxuntura”. No seu artigo, deixa claro as dificultades que existen pero amósase distante a unha posible coalición con Anova, Podemos ou EU, a pesar dos malos resultados do BNG e a pesar de que se se repiten nunhas autonómicas o Bloque quedaría sen representación na Cámara galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

4 mourinho nunca erra

a viñeta de hermanager humor so pode ser calificaad de brutal, limpia e conciza...

3 Un máis

Eu xa non sei... Eu non teño nada en contra da UPG nin do BNG, sempre votei por eles e nestas xerais votei por NOS, soamente votei pola Marea ao Senado por facer voto útil, pero son nacionalista. Non obstante dóeme na alma que un referente como o foi para min sempre o BNG estea nas posicións que está agora. Recórdame a IU a nivel de Estado, viaxando lentamente cara a irrelevancia por negarse a escoitar a vontade da cidadanía. Eu non quero que o BNG se convirta no extinto Partido Andalucista, quero unha forza nacionalista propia, pero se por culpa do seu orgullo e negativa a tender pontes para unha COALICIÓN ELECTORAL, sin renunciar a proxecto propio algún, se por culpa diso Feijóo volve a gobernar no noso país, eu rompo calquera esperanza de que o BNG teña futuro neste país, por por os seus intereses por enriba dos intereses do país.

1 Zur

Opino parecido, pero hai 4 anos foron os de AGE os que dispersaron o voto e deron a Feijoo unha vitoria inda maior e eu quixera saber que diferencia vai haber entre que goberne Podemos ou o Psoe en Galicia,, houbo que pasar 30 anos pra ver a un Felipe Gonzalez (que daquela estaba de moda como agora Podemos)que incumplia coa autodeterminacion das nacions do estado e co non a Otan que pasou a ser sí,,, todo consiste en mentir pra facerse co poder e logo incumplir como tamen fixo Tsiriza

2 Un máis

AGE o que quixo era romper a dinámica de perda de votos que levaba o BNG e que ía seguir pasando sucedese o de Amio ou non, Feijóo ía gañar de todos xeitos. E volvendo ao presente a min tanto me ten se é o PSOE, Se é Podemos se son as Mareas ou se é cristo bendito, o que non estou disposto a tolerar son outros 4 anos de PP, coa conseguinte desgaleguización dos nenos galegos e da sociedade en xeral, tanto cultural como económicamente, NON ESTOU DISPOSTO A ISO, e coma min estou seguro que a maioría dos galegos. Está nas mans do BNG asumir como propia unha demanda dos galegos para botar ao PP da xunta, ou pode ir polo camiño que están levando últimamente, está nas súas mans e nas de ninguén máis.

3 Zur

Concordo

2 Daniela

La pastilla Paco, la pastilla...que nos calentamos y luego pasa lo que pasa

1 Shin-Chan