O ex líder da UPG ataca aos nacionalistas que votaron En Marea

“Non me cabe a menor dúbida que algúns miles de nacionalistas conscientes non tiveron o menor escrúpulo en votar unha candidatura que non o era, simplemente por acreditar en que insería a suficiente dose de galeguismo na enxurrada poliédrica, televisiva e española de Podemos”, apunta. Acusa a En Marea de utilizar a “confusión e a trapallada”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/12/2015 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

A UPG segue sen facer autocrítica dos resultados acadados polo coalición impulsada polo BNG nas pasadas xerais, Nós-Candidatura Galega, ou, cando menos, algúns dos seus dirixentes. Os culpables, como noutras ocasións, seguen sendo outros, especialmente, Xosé Manuel Beiras, Podemos, as televisións españolas e "algúns miles de nacionalistas”.

Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e Francisco Rodríguez, líder da UPG, cando os dous compartían militancia no BNG
Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e Francisco Rodríguez, líder da UPG, cando os dous compartían militancia no BNG | Fonte: Kopa

E é que o ex secretario xeral da UPG e actual membro do seu Secretariado Político, Francisco Rodríguez, a forza hexemónica e dominadora do BNG tras a escisión de Amio, acusa directamente aos nacionalistas que deron o seu apoio a En Marea “conscientes que non tiveron o menor escrúpulo en votar unha candidatura que non o era, simplemente por acreditar que inxectaba suficiente dose de galeguismo na corrente poliédrica, televisiva e española de Podemos, a máis eficaz para acabar con Rajoy e rexenerar o sistema, segundo a oratoria do seu carismático líder".

“Demoledor”. Ese é o título do artigo que Rodríguez publica en Terra e Tempo, a web da Fundación Bautista Álvarez. Demoledor porque, como moi ben di o histórico dirixente do BNG, “non vou facer grandes análises. Moito menos recorrer a xustificar uns resultados demoledores, inesperados para min na súa contundencia. Simplemente, polo de agora, vou sinalar algunhas evidencias”.

Sinala Rodríguez evidencias, pero non autocrítica porque, suliña que os problemas e as limitacións do BNG “eran previos” e teñen a ver coa ruptura da unidade do nacionalismo galego e coa conxuntura política no Estado español. “Respecto da primeira cuestión, parece claro que, de térense presentado unidas as distintas formacións que se autoproclaman  nacionalistas, habería opción a obter representación no Congreso, malia for de forma moi axustada”.

Respecto da segunda, Rodríguez ataca directamente a Xosé Manuel Beiras. “Cómpre aclarar, máis unha vez, cuestións evidentes que, continuamente, se pretende agochar por parte de quen, en nome de Galiza, se dispuxo a favorecer un deseño de reformulación do sistema de partidos para o réxime recuperar a lexitimidade social en crise. O argumento fundamental, non o esquezamos, é que Galiza, por si, non é capaz de expresar unha vontade política suficiente para facerse valer. Necesitamos apoiarnos en forza allea”, apunta en alusión ao pacto de Anova con Podemos.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

De feito, Rodríguez vai máis alá e acusa a Beiras de ter contribuído á “confusión" e "agravar a debilidade electoral do nacionalismo" ao "favorecer a aplicación do deseño españolizador" ao apostar pola fórmula En Marea.

O líder da UPG xustifica, como xa o fixeron outros dirixentes do seu partido, que o efecto Podemos non só afectou a Galicia, senón a Cataluña e Euskadi, é dicir, ás nacións sen estado. Un argumento que serve para xustificar que o fracaso do BNG non é único e “a cousa é seria”.

Ademais, desacredita a fórmula de En Marea ou podemos porque, di, “usa un recurso vello en forma desconsiderada: a confusión, a trapallada”. Neste sentido, critica que queiran formar un grupo parlamentario propio  porque “o que hai na realidade é unha coaligazón de partidos, Podemos, IU e Anova. Non outra cousa. Os deputados e deputadas eleitas a eles pertencen”. “É máis, o Ministerio do Interior, non sei se el tamén trapalleiro, informando nas súas páxinas oficiais sobre as Eleccións Xerais 2015, deixa claro que, na Galiza, a candidatura vai encabezada por PODEMOS, sen nada máis antes que teña valor xurídico ou legal algún”, engade.

Finalmente, Rodríguez, a pesar de recoñecer as dificultades que atravesa o BNG é contundente; “non nos deixemos arrombar por esta difícil e complexa conxuntura”. No seu artigo, deixa claro as dificultades que existen pero amósase distante a unha posible coalición con Anova, Podemos ou EU, a pesar dos malos resultados do BNG e a pesar de que se se repiten nunhas autonómicas o Bloque quedaría sen representación na Cámara galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

49 nostrus

Paco Rodriguez es victima del nacionalismo, porque el nacionalismo es una enfermedad mental que produce alucinaciones y manias persecutorias, inventa enemigos y distorsiona la realidad.Tambien tienen un comportamiento similar a los anoréxicos que se ven gordos aunque sean delgados. Cuando alguien confunde los colores puede que se trate de un nacionalista. estos individuos deberian estar inhabilitados para manejar maquinaria pesada.

1 Xabier

Ai, que pena que esa proposta de impedir aos nacionalistas manexar maquinaria pesada non se aprobase o 17 de xullo de 1936.

48 DigoEu

Paco Rodríguez cando reprocha aos nacionalistas galegos que participen nas Mareas xunto con forzas de esquerda estatais está reprochando a Castelao ter formado parte da Frente Popular en 1936. É un imbécil, tanto el como o resto da UPG que impuxo esa liña de actuación no BNG que é responsable do actual afundimento desa forza política e prexudicando a todo o resto da esquerda en Galiza.

1 Hugo_

Non teño dúbida de que a vella UPG cumpre hoxe a función do que en 1934 se chamara Dereita Galeguista. Ela tamén era inimiga de pactar coa esquerda para conseguir obxectivos nacionais concretos e, coma Bautista Álvarez, serían hoxe veladamente homófobos e antifeministas.

47 Héctor Sánchez

Paco Rodríguez dí unha frase que resume perfectamente a súa noción da realidade. Foron para el "uns resultados que lle resultaron incomprensibeis pola súa contundencia". Paco Rodríguez ten unha visión tan estreita da realidade, que non ve -nen quer ver- todo o movimento que hai fora da súa realidade. Os resultados municipais foron un gran aviso. A enquisa do CIS acertou para Galicia. Pero si un non quer ver que a maior parte da xente que quer un cambio, vai apoiar masivamente á Organización que representa o cambio, "os resultados lle resultaron incomprensibeis pola súa contundencia". Lóxico. A súa estreita realidade queda asombrada porque non se imaxinaba un cambio tan grande na realidade. Agora, xa é demasiado culpar a parte da realidade -a miles de nacionalistas- por votar a En Marea e non a Nós. Iso ten unha fácil explicación. Moita xente vota unha esperanza e Nós non o é.

46 Repensando

Coñecin a xente que idolatraba a Paco e por circunstancias quedaron desenganados e como orfos autoexcluidos ou excretados, como apestados, sentianse inxeles e desprotexidos sin capacidade de porse por roba da sociedade errada que estaba fora dese ámbito selecto que era o partido do líder que endiñaba a sentirse gallego de verdade. Xogo mortal este, e non, nunca foi algo normal ese mundo.

45 Próculo

Non lle vexo oura explicación que a demencia!