A Xunta dálle 235.000 euros a La Voz e El Correo para falar das “potencialidades” de Santiago

Estes dous medios tamén recibiron da Secretaría Xeral de Medios case 800.000 euros de axudas directas no 2015.

Por Xurxo Salgado | Conmpostela | 29/12/2015 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O diñeiro público de todos os galegos non para de fluír cara a empresas de comunicación privadas. E é que a Secretaría Xeral de Medios acaba de dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2015 con Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego, e co Grupo Voz. En total, a Xunta deulle directamente a estes grupos mediáticos 370.000 euros.

'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.
'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.

Pero o que chama a atención é que a maior parte desta axuda , 235.000 euros,  é para a “difusión informativa da potencialidade de Santiago de Compostela” nos medios destes dous grupos; Radio Voz, La Voz de Galicia e voz.es e en El Correo Gallego, Radio Obradoiro e elcorreogallego.es. É dicir, para falar ben de Santiago aos cidadáns de Santiago e comarca.

Unha subvención que chega xustamente despois de que o PP perdera o goberno da cidade e logo da entrada de Compostela Aberta no consistorio. Este novo goberno mantén pechadas todas as vías de subvención a El Correo Gallego polo enfrontamento que existe entre o alcalde e a súa corporación coa dirección deste medio. Tamén restrinxiu, en parte, as axudas ao Grupo Voz.

Así, destas novas axudas, o Grupo Voz leva 225.000 euros; 125.000 euros para falar da potencialidade de Santiago aos propios santiagueses e 120.000 euros para a “divulgación de información relacionada coa investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I) en Galicia. Pola súa banda, o Grupo El Correo recibe 115.000 euros para falar das virtudes da capital galega.

Estas novas subvencións coñécense un día despois de que GC publicara que tamén a Secretaría Xeral de Medios destinou directamente case 1,7 millóns de euros durante o 2015 en concepto de Axudas. Destes, case a metade,  709.891 euros foron para o Grupo Voz;  La Voz de Galicia, S.A. (681.901,96) e Voz de Galicia Radio, S.L.U (27.990,08). Editorial Compostela recibiu 90.086,01 euros.

Feijóo na gala de Gallegos del Año que celebra anualmente El Correo Gallego
Feijóo na gala de Gallegos del Año que celebra anualmente El Correo Gallego | Fonte: xunta.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

10 Maliza Gilinge

É pola normalización da lingua galega, que non mirastes ben o galego que se usa na Coz.

9 Rover

Q ben; para os amigos sempre hai cartos, aí non hai crise. Delincuentes os que malversan os nosos cartos e os que os reciben

8 Lupa

Con canto unta CA a Galicia Confidencial para que fale mal do Correo e da Voz? Negar a publicidade institucional a determinados medios por seren críticos co goberno municipal, ademáis de atentar contra a liberdade de expresión é ilegal.

7 Gamela

pois a min aínda me escocen os 290.000 que recibe o Faro de Vigo por falar de dinosetos e demáis babosadas do señor alcalde día sí e día tamén...? pero visto o visto seica hai café para todos... agás para o GC que debe ser o único medio que INFORMA do latrocionio ? Gracias por ser dos poucos medios INDEPENDENTES que temos en Galicia !!!

6 Tino

Pero xa veredes como maña saen o barreirito e o robertito facendo un ártigo criticando con total contundencia esa corrupción pepeira e do panfleto pepeiro la voz antigallega......jajajaja ¡¡¡¡