Temas: PSOE BESTEIRO

O anuncio de primarias non logra calar as críticas no PSdeG

Besteiro recibe aplausos no Comité Nacional cando anuncia o 'non' aos pactos co PP. Agora ben, o líder tamén ten que aturar críticas abertas e significativas ausencias. Os socialistas galegos din que reduciron a súa débeda nun 45%.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/01/2016 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

Tenso Comité Nacional Ordinario do PSdeG este sábado en Santiago. Polo oído hoxe,o  anuncio de que en febreiro se votará o calendario para as primarias que escollerán candidato a Xunta non vai lograr calmar aos críticos.

Comité Nacional Ordinario do PSdeG.
Comité Nacional Ordinario do PSdeG.

Algúns dos rivais internos de José Ramón Gómez Besteiro mostraron o seu malestar non acudindo á reunión. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ou o deputado autonómico, Abel Losada, foron algúns dos que non compareceron. Entre os que si compareceron escoitáronse, unha vez pechadas as portas, críticas á dirección polos resultados do 20D. Segundo a Cadena Ser, mesmo pediron a convocatoria dun congreso extraordinario, que podería relevar a Besteiro.

Os socialistas mantiveron os seus 6 escanos nas eleccións xerais. Agora ben, deixáronse 150.000 votos polo camiño e tamén o segundo posto, que pasa a ser para En Marea.

Besteiro fixo unha lectura agridoce destes resultados. “Mantivemos os seis deputados pero non podemos caer na autocomplacencia, cunha fenda no voto urbano e na xente máis moza”, recoñeceu, antes de destacar o maior retroceso do PPdeG que abre as portas a un cambio de goberno na Xunta. “Galicia abriu definitivamente as portas do cambio”, argumentou.

Para reconquistar San Caetano, o político lugués apelou a unidade do PSdeG, recoñecendo que se poidan ter criterios diferentes. Diverxencias que existen, por exemplo, sobre se Besteiro debe esperar a que se resolva a súa imputación no caso Garañón para comunicar se opta a ser cabeza de cartel á Xunta. 

Comité Nacional Ordinario do PSdeG.
Comité Nacional Ordinario do PSdeG.

No que si amosaron unidade os socialistas galegos é no rexeitamento a un pacto con Mariano Rajoy ou o PPdeG. Besteiro ergueu aplausos cando defendeu o “non ao PP e a Feijóo, que pide apoio tras a súa deslealdade institucional e ausencia de diálogo".

O secretario xeral do PSdeG tamén preentou contas económicas. A débeda dos socialistas, segundo estas cifras, anda polos 1,21 millóns de euros e é un 45% menos que hai dous anos. 

Temas: PSOE BESTEIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Permui

¿Poderiades crear unha sección para comentarios censurados noutros medios? Cun apartado especial para Sermos Galiza, eu xa perdín a conta de cantos censuran ou cantos publican varios días despois.

1 Cormelán

E que non esquezan do apartado especial para El Correo Gallego. Rexistreime e primeiro censuraron un comentario nun artigo de Carlos Luís Rodríguez, no que en ningún momento faltei a respecto a ninguén, e despois sistematicamente todos aqueles nos que discrepo do linchamento que este medio fai todos os días do alcalde. ¿Son o único ao que lle pasa iso?

2 Gamela

Abel x Carmela x Abel = O trío la-la-lá = Congreso de Antroido = Pepiño Blanco (?)

1 G64K

O psoe e a unica alternativa racional