Temas: XUNTA MEDIOS

A Xunta destina 315.000 euros para inzar as cidades de valados publicitarios

As zonas urbanas de máis de 50.000 habitantes e, especialmente, a cidades de Vigo e a Coruña son os lugares prioritarios desta nova campaña publicitaria do Goberno galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia destinará 314.220 euros para a adquisicion de espazos publicitarios exteriores, é dicir, a través dos coñecidos valados ou paneis publicitarios. O obxectivo é inserir mensaxes ou contidos de "carácter institucional e de interese público derivados da actividade da Xunta".

Un dos valados publicitarios da Xunta nunha urbe galega
Un dos valados publicitarios da Xunta nunha urbe galega | Fonte: ferminfraga.blogspot.com

A Secretaría Xeral de Medios xustifica este novo concurso de publicidade porque a Xunta di, "é emisor dunha serie de mensaxes dirixidas aos cidadáns "que se engloban baixo a denominación xenérica de campañas institucionais de publicidade e de comunicación". "A publicidade e comunicación institucional están ao estrito servizo das necesidades e intereses dos cidadáns, facilitando o exercicio dos seus dereitos e promovendo o cumprimento dos seus deberes".

Este novo concurso chega en ano electoral. O propio Feijóo anunciaba que estes comicios serán convocados despois do verán. Precisamente, o circuíto obxecto deste contrato, que será de ámbito autonómico, enfocase nos núcleos urbanos de máis de 5.000 habitantes, aínda que terán prioridade aqueles concellos con máis de 50.000 habitantes, é dicir, as grandes urbes galegas, especialmente, as da Coruña e Pontevedra.

De feito, á Xunta interésanlle, principalmente, os accesos urbanos con menos de tres valos contiguos e en aeroportos. Esta é o rango de visibilidade prioritario. Sínguenlle as áreas comerciais, residenciais, polígonos, zonas con visibilidade intermedia de tres ou máis valos contiguos e vías con máis de catro carrís de circulación.

Segundo o prego de condicións deste concurso, os licitadores poderán, ademais, ofertar outros soportes exteriores que contribúan a mellorar o circuíto de medios exteriores das cidades da Coruña e Vigo e a difución das mensaxes institucionais da Xunta.

A empresa que gañe o concurso xestionará, ademais, a adquisición dos espazos nos valos e a súa situación, así como a produción, distribución e fixación do material gráfico. As dimensións serán de 8 x 3 metros ou similar. As creatividades do material gráfico serán remitidas por parte da Secretaría Xeral de Medios, e os contidos dos valos se actualizarán de acordo coas indicacións deste ente. Este circuíto terá unha actualización mensual, fixando un máximo de 6 cambios por semenstre.

Temas: XUNTA MEDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Susa

Claro, no como la Deputación de Lugo o el inolvidable bipartito. Esos no hacían autopromoción con dineros públicos, no.

1 trolls nao, obrigado

moi interesante o teu comentario. Nao tes nada máis para aportar?