Segue o tira puxa entre Besteiro e a xuíza Pilar de Lara

O líder socialista négase a declarar ante a maxistrada tras impedir esta un cambio de data para a súa comparecencia pola ausencia dos seus avogados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/01/2016 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Non houbo declaración, cando menos, xudicial. O primeiro cara a cara entre o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e a xuíza Pilar de Lara, durou menos de cinco minutos. Os minutos que lle levou ao líder socialista comparecer ante a maxistrada para dicirlle que non ía declarar pola ausencia dos seus avogados e tras denegar que o fixera un de oficio como lle propuña de Lara.

José Ramón Besteiro nunha rolda de prensa
José Ramón Besteiro nunha rolda de prensa | Fonte: psdeg-psoe.org

Besteiro deu, logo, explicacións ante a prensa da súa decisión de non declarar. “Non entendo a razón pola que esta citación se mantivo para este martes a pesar da solicitude de que se cambiase o día pola ausencia dos meus avogados”, dixo. A xuíza de Lara decidiu manter esta citación ao entender que houbo tempo suficiente para prever esta circunstancia.

Eu xa informei previamente e con tempo suficiente de que os seus avogados, aos que pago cos meus aforros, por tanto non me saen gratis, ían estar nesta xornada na outra punta do Estado español, e pódese comprobar con luz e taquígrafos que se atopan na provincia de Málaga, así que non podían asistir", insistiu.

Ademais, explicou que coa defensa dun avogado de oficio que descoñece "esta suposta macro-causa" dunha vintena de tomos,  “o dereito á defensa veríase moi condicionado", polo que "o que hoxe ocorreu (a súa actuación) responde a unha pura lóxica e a un puro sentido común. E non teño problema en vir outro día, cando estean os meus avogados", engadiu.

Sen embargo, no auto ditado pola xuíza, esta entendeu que esa petición de adiamento, coa desculpa de que os dous avogados que representan a Besteiro tiñan outra citación noutro xulgado, era unha "manobra fraudulenta" que perseguía como obxectivo "dilatar no tempo a declaración e o procedemento".

O líder dos socialistas galegos, que confesou ser o máximo interesado en que non haxa dilacións, estaba citado pola suposta comisión de catro delitos -tráfico de influencias, prevaricación, suborno e contra a ordenación do territorio-, en relación todos eles coa urbanización da polémica leira do Garañón na cidade amurallada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mandaricas

Nivelazo dos socio-listos jallejos... entre as reunións nas gasolineras de Pepiño Blanco e a saturación de traballo dos avogados de Besteiro o socialismo galego da auténtico noxo...