Temas: INTERNET

Nace un novo punto de encontro coa cultura galega

lermos.gal é unha revista en liña adicada ao mundo das letras en galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/01/2016 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Fresca, sinxela e sen vello tópicos. Así se presenta lermos.gal, un novo portal cultural en liña adicado ao mundo das letras galegas e dirixido por  Alex Bayorti, Xosé Duncan e Martinho Terrafria.

lermos.gal, novo portal sobre cultura
lermos.gal, novo portal sobre cultura

A nosa intención é informar e divulgar de xeito programado e ordenado sobre os acontecementos literarios máis sobranceiros, as últimas novidades editoriais e todos aqueles temas que sexan susceptíbeis de se converter en noticia”, apuntan os seus impulsores nun comunicado.

Lermos.gal conta cunha sección de entrevistas a profesionais do mundo do libro e a lectura, un apartado de recursos destinado a divulgar determinados coñecementos relacionados co ámbito literario, e unha axenda de eventos, na que se irán actualizando datas de presentacións, premios literarios, feiras etc.

Este novo portal nace tamén cunha “clara vocación de cara ás redes sociais”, segundo os seus coordinadores. “Como lermos.gal é un proxecto colaborativo e aberto, todas as achegas a ampliar o contido e a mellorar calquera aspecto do site serán benvidas”, apuntan.  Os interesados en colaborar con este novo proxecto poden facelo no correo electrónico lermos.gal@gmail.com

Temas: INTERNET
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta