Temas: LEITE GANDERíA

Agromuralla aspira a crear un grupo lácteo propiedade dos gandeiros

O colectivo nega a súa suposta vinculación ao PP, da que sospeitan os sindicatos tradicionais do agro. Reunidos en Lugo, 400 gandeiros lanzan a idea de artellar unha iniciativa industrial.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 12/01/2016 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O colectivo Agromuralla, que domina as mobilizacións do sector lácteo en Lugo, quere artellar un grupo empresarial propio. A directiva deste grupo transmitiu este plan a uns 400 gandeiros reunidos o luns no hotel Torre de Núñez de Lugo, segundo informa Campo Galego, o portal que sigue polo miúdo a actualidade do agro do país.

Directiva de Agromuralla / Revista Afriga Twitter Reunión de Agromuralla / Revista Afriga Twitter
Directiva de Agromuralla / Revista Afriga Twitter Reunión de Agromuralla / Revista Afriga Twitter

A idea dun grupo lácteo que transforme o leite e no que participen os produtores do país é unha das aspiracións máis antigas do sector en Galicia, e tamén de varios partidos. Con todo, até o de agora todos os intentos fracasaron. Agromuralla quere incorporar ao proxecto a gandeiros doutras autonomías.

Na reunión o colectivo desvinvulouse de novo do PP e do seu sindicato próximo, Xóvenes Agricultores. Os sindicatos miran con desconfianza a Agromuralla, a quen consideran próximo aos conservadores, debido a que algún das súas cabezas visíbeis militou en Xóvenes e tivo familiareas en candidaturas do PPdeG.

“Cando os estaleiros galegos quedaron sen pedidos, o propio Feijóo foi a México para buscar encargos de barcos; foi a Francia para que Citroën se quedase en Vigo con varios millóns en axudas, pero cando se tratou de solucionar a crise do sector lácteo Feijóo non estaba”, dixo Roberto López, que actúa como voceiro.

Agromuralla mantén rodeada a Muralla de Lugo dende antes do Nadal con centos de tractores. A patronal local solicitou a Delegación do Goberno, é dicir á Policía, que obrigue aos granxeiros a marcharse. Hoxe están previstas varias reunións coas administracións na que se abordará se sigue a mobilización.

Temas: LEITE GANDERíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Turple

Citroen Francia non sabe nin quen é Feijoo e alguén pensa que se deciden pechar Vigo lles vai importar que vai un ninguén alí....?

1 eusi

Que ninguén dubide que o PP tratará de mangonear e se fai falta torpedear todo o que vaia en contra dos intereses dos peixes gordos de sempre. E saben moi ben como se fai, levan séculos sabendo como manipular, mentir, trapallear, enfangar e enmerdar todo o que lle faga sombra.