Golpe de autoridade contra unha festa “elitista e de prensa rosa”

Cuíña suprime a investidura dos comendadores do cocido e a comida entre personalidades por un xantar solidario. Instaurará un premio para a “Aldea Singular” de Lalín e haberá tamén o 5 de marzo un 'Cocido LGTB' para dar visibilidade a lesbianas, homosexuais, transexuais e bisexuais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O novo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, acaba de tomar unha decisión que vai cambiar por completo a Feira do Cocido de Lalín.  Non haberá a tradicional investidura de comendadores; un evento que reunía, nos últimos anos,  a personalidades dispares do mundo da política, o deporte, a banca e do mundo do cotilleo.

Feijóo con Susana Griso na Festa do Cocido 2013 en Lalín
Feijóo con Susana Griso na Festa do Cocido 2013 en Lalín

Precisamente, e co fin de rematar cun acto “elitista e prensa rosa”, Cuiña decidiu substituír a comida oficial dese evento por un xantar solidario cuxa recadación se destinará a asociacións e accións sociais.

Trátase de recuperar a esencia da festa, para que sexa do pobo e para o pobo", dixo o rexedor de Lalín que criticou o carácter “elitista” dos últimos anos e apostou por que neste evento teñan un maior protagonismo os habitantes, hostaleiros e comerciantes, e non "os amigos do alcalde de turno". Cuíña criticou que a Encomenda do Cocido, unha sociedade gastronómica sen ánimo de lucro que se constituíu en 2000, convertiuse nos últimos anos “nun claro exemplo de acto propagandístico para contentar aos amigos políticos".

Comendadores foron, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ou o ex presidente e fundador do PP, Manuel Fraga. O pasado ano foron distinguidos con este galardón simbólico o presidente do Grupo Banesco, Juan Carlos Escotet; o escritor e divulgador científico Eduard Punset, e o presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo.

Durante a presentación da programación dos actos da Feira do Cocido, o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, anunciou unha nova novidade que será a entrega do galardón 'Aldea Singular' en recoñecemento dos valores patrimoniais, sociais, culturais e paisaxísticos do ámbito rural de Lalín.

Outras novidades serán a instalación dunha carpa de 70x20 metros que acollerá postos de venda de produtos cárnicos, alimentación e artesanía, así como diferentes actividades paralelas; e a celebración, o 5 de marzo, do 'Cocido LGTB' para dar visibilidade a lesbianas, homosexuais, transexuais e bisexuais.

A programación completarase co denominado Cocido de maiores (14 de febreiro en Cercio), a exposición 'Emporcarte' e o 'Cocido dás Artes', (6 de febreiro); a Gala do Cocido, en que se entregarán os premios Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico; e carreiras, rally, ruta BTT e de clásicos. O pregoeiro das festas será este ano o xornalista do País Manuel Jabois.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

9 De Lalín

Golpe de autoridade? Que linguaxe é ese? En Galicia unha cacicada foi sempre unha cacicada e todos sabemos como funcionan os Cuiña. Vistes o morreo entre Jorquera e Callón? Os favores que hai que pagar ao BNG para non perder a alcaldía. Iso é todo.

1 Quen fora de Lalin!!

Está claro que neste Pais non temos cura. Se un alcalde fai signos ostentosos chamámoslle facha; se os retira decímoslle "tramposo". que carallo queremos? Mentres non nos clarexemos imos ser sempre uns mediocres. Cuiña estalle botando co llóns ao seu paso pola alcaldia. dicir o contrario é ter mala baba. Adiante Cuiña!! Non fagas caso dos mediocres; dos que morren de envexa; dos que só serven para ladrar e nunca camiñan.

8 Un lalinense

Parabéns ao alcalde de Lalín. Estou moi orgulloso del.

7 Populachonecio

Cuántas y cuántas polladas hacen los podemitas, y cuántos y cuántos aplausos les dará el necio populacho. Alguno hasta creerá que en esta Feira gasta menos diñeiro

1 ZN8Z

Aos que viviades do teto dos cartos públicos acabóusevos o conto con tanta festa, tanta orde ilustrísima e tanta romaría de aquí para alá, festas nas que ademais non vos xuntabades co pobo senón que o mirabades con noxo dende o palco ou dende a mesa presidencial. Mises e modelos, presentadores de TV, futbolistas... que importantes vos sentiades.

2 Pepeirocabreado

Pica, non ? Pois a rascarse.

6 Antinostrus

Eu a algúns sopla pollas poñia-vos a viver nun cortello de dez metros cadrados e a dicer oink oink (e cobrando-vos alugueiro), pois que 65 metros vería a ser un "despilfarro"....hai-nos, e moitos, de entre eses sete millóns de pringaos (xubiletas, currantes de a seiscentos euros eternamente agradecidos,...) votadores de Raxoi ou aos milleiros que aínda apoiaron a Crespo (que ese. seica agora senador por "meritos proprios", si que tén cara de porquiño, só superado polo Ché) nas anteriores lalineneses........

5 Xan de Lalín

Vale rapaz. Agora a vivir coa túa familia nun piso de 65 metros cadrados cun soldo de 900 euros ao mes. Así serás un auténtico proletario. Nada de mansións herdadas da avoa contable