Temas: AMES PP

Marcha outro dos ex alcaldes estrelas do PP

Santiago Amor, ex rexedor de Ames, renuncia á súa acta de edil para adicarse a “novos retos profesionais”.

Por Galicia Confidencial | Ames | 14/01/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Santiago Amor, unha das grandes apostas políticas do PPdeG na pasada lexislatura, deixa a política. E o fai, logo de sete meses como concelleiro da oposición en Ames, o concello do que foi rexedor durante catro anos, do 2011 ao 2015.

Santiago Amor rodeado de Carlos Negreira e do ex edil popular Ramón García Argibay/ http://santiagoamor.blogspot.com.es/
Santiago Amor rodeado de Carlos Negreira e do ex edil popular Ramón García Argibay/ http://santiagoamor.blogspot.com.es/

Nunha misiva, Amor, até o de agora portavoz do grupo municipal popular, explica que se vai por "motivos laborais, para afrontar novos retos profesionais" que lle impiden executar o seu labor como concelleiro como a el gustaríalle, é dicir, "en contacto permanente cos veciños". “É o momento de abrir unha nova etapa porque as persoas que  me acompañaron na candidatura están sobradamente preparadas para desempeñar o seu traballo”, indica.

"Sintome honrado e orgulloso de ter sido alcalde deste gran concello", engade. "Sei que cometín erros e por iso pido desculpas", recoñece na carta e lembra que a súa gratitude cos seus veciños manterase sempre, así como cara aos traballadores municipais, porque os políticos pasamos e vós quedades", de modo que "o éxito da xestión pública depende de vós", dilles.

Amor, vinculado ao municipio citado desde o ano 2007, primeiro como portavoz do grupo popular e despois como alcalde de Ames, foi unha das apostas de Feijóo para rexenerar a política municipal. Acadou peso dentro do seu partido por ser quen de gañar nun concello con tradicional voto de esquerdas e que entón gobernaba o presidente da Fegamp, o socialista Carlos Fernández.

Sen embargo, as súas diferencias con parte do PP local --que derivou nunha fractura-- e os malos resultados colleitados nos pasados comicios municipais provocaron diferencias con dirixentes do seu partido. O PP de Ames, nunha nota, xa agradeceu a Santiago Amor o traballo desempeñado e avanza que o grupo municipal adoptará as decisións oportunas no seu ámbito de actuación.

Temas: AMES PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Amiense

Novos retos profesionais???? Como non volva á inmobiliaria...!!