Vence aposta por ser “atrevido” nas Autonómicas para superar os problemas actuais do BNG

Nunha misiva aos militantes á que tivo aceso GC, anima a debater sobre o futuro da formación frontista; ir en solitario ou en coaligación nas vindeiras autonómicas e lembra que “as solucións que xa se comprobaron reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/01/2016 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O debate aberto no BNG logo da contundente derrota electoral da fronte nacionalista nas xerais faise cada vez máis aberto e participativo. O seu portavoz nacional, Xavier Vence, é un dos principais dirixentes que aposta pola confluencia con outras forzas no vindeiro escenario electoral; as autonómicas galegas. Unha postura na que coincide o colectivo Abrente pero que choca frontalmente coa postura dos dous únicos partidos organizados que quedan no BNG; a UPG, o partido dominante do Bloque tras a excisión de Amio e unha pequena excisión deste, o Movemento Galego ao Socialismo.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Nunha misiva remitida aos militantes, e á que tivo acceso GC, Vence ínstaos a debater sobre o futuro da organización frontista. Un debate que se está dando en distintas asembleas comarcais e que se pechará cunha asemblea nacional o vindeiro 28 de febreiro. Precisamente, o líder do BNG refírese a estas reflexións e di que “nestas semanas xa están tendo lugar debates sobre algúns aspectos nos diferentes órganos da nosa organización. Estanse a dar con serenidade, fraternidade e compañeirismo sabendo que tod@s queremos o mellor para o futuro deste proxecto e para que sexa útil a este país e a maioría social”.

Sen embargo, tamén fai o seu propio diagnóstico. “Vós sabedes ben que non se resolven os problemas que non se formulan. Tamén sabedes que as solucións que xa comprobamos reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro”, sinala. Por iso, aposta por “ser, necesariamente, atrevid@s e criativ@s” para “superar as rutinas e poñer moita atención naquilo que di a nosa contorna, as persoas que sempre nos apoiaron, @s que sempre quixeron a este país, @s que dun xeito ou outro loitan por mudalo”.

Vence fala públicamente das dúas opcións que se están debatendo nestas xuntanzas; ou unha confluencia con outras formacións, nomeadamente, coas mareas e outros colectivos nacionalistas nas vindeiras autonómicas, ou concorrer en solitario. “As diferentes propostas que se están formulando parten do obxectivo común partillado de manter e reforzar o proxecto nacionalista autónomo que representa o BNG”, aclara.

Manter a "autonomía" do BNG

E é que o líder nacionalista insiste que, sexa cal for a fórmula de concorrencia ás eleccións –en solitario ou en coaligazón-, “en todas as propostas que están enriba da mesa colócase como requisito preservar a autonomía do proxecto estratéxico do BNG e todas teñen como obxectivo reforzar a capacidade orgánica e política do BNG”.

Xaveir Vence, líder do BNG
Xaveir Vence, líder do BNG

“Podemos discrepar en cal é a vía máis acertada para conseguir eses obxectivos, pero os obxectivos son comúns. Canto máis persoais, auténticas e guiadas polas pulsións da base social sexan as nosas aportacións máis probabilidade teremos de acertar”, indica. Por iso, anima aos militantes a participar en todo este período debate ata finais de febreiro.

Esta misiva, a diferencia das outras, asinadas polo secretario de Organización da Executiva, Bieito Lobeira, está asinada polo propio voceiro nacional do BNG, Vence. Unha decisión que,  segundo as fontes consultadas, pon enriba da mesa o difícil que está sendo o debate sobre o futuro do BNG.

Con todo, as posturas están moi encontradas porque o sector máis duro da UPG insiste en concorrer en solitario e vería como un “fracaso e unha afronta” pactar con “sectores españoleiros”, en alusión, principalmente, a Podemos, partido ao que criticaron e aínda critican duramente. Polo momento, este sector, estase impoñendo nos debates comarcais, a pesar de que hai voces máis moderadas dentro do partido de Francisco Rodríguez, que tamén se decantan por unha confluencia electoral.

Nós-Candidatura Galega, a marca coa que o Bloque se presentou ás xerais nas pasadas eleccións xerais xunto con outras formacións minoritarias acadou pouco máis de 70.000 votos, o que provocou que perdera os dous escanos que tiña no Congreso. Non conseguiu superar a barreira do 5% en ningunha das provincias. Un resultado que, de repetirse nas autonómicas, provocaría tamén a súa desaparición da Cámara galega, algo que non aconteceu nunca nos seus 34 anos de vida.

Podes ler a misiva aquí.

Xavier Vence (dereita), portavoz do BNG, na manifestación do 1º de maio en Vigo
Xavier Vence (dereita), portavoz do BNG, na manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

12 Benjamin E. D.

Llegáis tarde. Estamos con las listas. No os queremos.

1 Eu non me mareo

É unha mágoa que nas Mareas non queiradas aos nacionalistas. Por certo Benjamín, ¡Que ben manexas o español !.

11 O embigo do lider supremo

A sociedade mudou, as esixencias aos representantes publicos, as formas, a participacion do povo... E iso non o resiste a UPG do BNG, como tampouco o PCE de IU, nin o PPsoE... Nin tampouco Anova, que mentiu aos galegos co do grupo propio sabendo que desde Podemos mesmo lles dician que non era posible, a farsa da unidade ou a ausencia de primarias... Xa pode o vello rasgarse as vestiduras, ficou destapado!

10 UPG

Que dimita un Paco para que se poña outro Paco. Siempre así. Sodomiiiiiitaaaaasss

9 Noam

Concordo. Vence semella do máis sensato que hai dentro do BNG. O que debe estar lidiando este home.

1 Milio da Fonsagrada

Se cadra non está lidiando, está pagando o silencio dos aforriños do seu sogro, Camilo Nogueira Román, como eurodeputado do BNG na SICAV de Luxemburgo. POBRIÑO!!!

2 balbino

Aqui temos de novo o papán que so sabe escribir SICAV con afán de enmerdar os demáis, estou ben seguro que nom sabes o que é unha SICAV pero bueno queda superguay decilo, si podes explícanos as vantaxes que lle supon tela.

3 @ Balbino Taparrabos

Os impostos baixo minimos (o 0,01 sobre valor neto dos activos), as xestoras do plan de pensions non tributan no imposto de sociedades, opacidade total sobre participantes... Balbino, querido taparrabos, a ti a transparencia faiche dano. Por que outros dimitiron e/ou pediron disculpas? A luz fai dano no peto do Bloque!

8 Galiza

Vence non sei que pinta ainda de portavoz nacional, é un infiltrado da FPG que vai acabar por entregar o BNG ás mareas... tempo ao tempo!!

1 FPG_

Ho ho ho hoho hohoho ho... Ai, que me desestabiliso coa risa!!

2 Milio da Fonsagrada

Estabilizate, ho, que a cousa é seria. Xa o dixeron outros máis abaixo, o que coñeza o que pasou no nacionalismo galego hai trinta anos, e concretamente o papel de Camilo daquela contra o Bloque, nada lle debería sorprender do mandado do seu xenro. O camiño cara a extinción está avanzado desde que Vence é o portavoz, comezando pola renuncia á marca propia, con intentos até agora falidos de diluirse (se fora con En Marea sería en Podemos, e mira que estaban avisados, pero iso tamén os esquecestes os embobados polo centralismo madrileño). Logo menos risiñas de parvoicie.