Nace un novo colectivo cultural de ámbito galego

Associaçom de Estudos Galegos (AEG) fai un chamamento a colaboración de todos os colectivos que buscan a plena soberanía cultural e política do país, especialmente aqueles cunha "orientaçom inequivocamente reintegracionista".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/01/2016 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Un novo colectivo cultural, a Asociación de Estudos Galegos (AEG) vai realizar o seu acto público de presentación na Igrexa de Sam Domingos de Bonaval, en Compostela, este sábado, día 16 de xaneiro, ás 12 horas do mediodía.

Igrexa de Bonaval, en Compostela
Igrexa de Bonaval, en Compostela | Fonte: turgalicia

Os organizadores explican que o motivo deste acto é presentar publicamente "o início do processo pré-assemblear para a fundaçom de umha nova entidade nacional, de caráter cívico-cultural, que terá como objetivo fundamental estabelecer e regular, atraveś do seu órgao académico, o padrom lingüístico galego, com critério reintegracionista, perspetiva nacional e em pé de igualdade com os restantes países de língua galego-portuguesa".

Alén de traballar na regularización da nosa lingua a nivel académico, científico e social, a Associaçom de Estudos Galegos (AEG) atenderá a outros aspetos do proceso normalizador dos usos sociais do galego, con unha aposta pola " plena soberania nacional e lingüística do nosso povo"  ao servizo da "construçom nacional da Galiza numha perspetiva lingüístico-cultural, entendida nun sentido amplo e nom partidarista".

O colectivo fai un chamamento a colaborar con outros grupos que compartan os seus obxexctivos, en particular con aqueles que coinciden con eles  "na orientaçom inequivocamente reintegracionista".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 dfty

Non se debía permitir esa ortografía que uns chaman, lusofascista, outros reintegrata, outros de Resistencia galega, outros portuxesa, etc.

1 Españolistas dades noxo

Norma AGAL, vaia perda de tempo. Se aínda escribisen nalgunha norma usada, for portuguesa, brasileira ou AO90 sería un proxecto respectábel.