Ourense convértese no centro do Entroido tradicional do Estado

O vindeiro fin de semana dos días 16 e 17 deste mes de xaneiro terá lugar a II mascarada Ibérica na vila de Viana do Bolo.

Por Gc Tendencias | Viana do Bolo | 14/01/2016 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A provincia de Ourense convertirase o vindeiro fin de semana  no centro do Entroido tradicional do Estado cunha xuntanza de mascaradas de diversos puntos de Galicia e doutras autonomías do noroeste peninsular. Será no marco da II mascarada Ibérica que se celebrará en Viana do Bolo.

Peliqueiros de Laza
Peliqueiros de Laza | Fonte: wikipedia.gal

O entroido galego ten acadado unha notoriedade extraordinaria fora de Galicia, protagonizando nos dous últimos anos algunha das mais importantes exposicións e ciclos de actividades relacionadas que se teñen dado en lugares do vello continente como o MuCEM, Museo das Civilizacións de Europa e do Mediterráneo, sito en Marsella ou o Museo da Mascara da cidade belga de Binche.

Sen embargo, este evento non conta con axudas oficiais e está impulsado pola Sociedade Antropolóxica Galega (Saga). “Os folións e entroidos galegos non atoparon, en Galicia, interlocutores oficiais que comprendesen a importancia e conveniencia de estar presentes como cultura diferenciada e activa, aló onde paradoxalmente estaba sendo reclamada a intervención galega como un elemento fundamental para a comprensión da realidade cutural do todos os europeos”, apunta o secretario desta entidade, Miguel Losada.

Con esta II Mascarada ibérica, preténdese crear un espazo de encontro - aberto ó público -  para as persoas e comunidades que manteñen vivo o pulo dunha das mais senlleiras manifestacións culturais que inda poden ser vividas no vello continente.  “É un verdadeiro foro ou seminario práctico do que significa o entroido, e que ó revés do que adoita ser, está deseñado para o intercambio de ideas, experiencias e realidades”, engade Losada. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eueu

Non conta con apoio institucional porque os franquistas non puideron acabar con esta tradicion milenaria, como lle gustaria telo feito cos que levaron ao paredón. Co galego seguen aí teimando en facelo desaparecer tamén...