Morre nun corredor do hospital de Vigo sen que ninguén se decate

A Policía Local de Vigo investiga as causas polas que unha muller que foi visitar a súa nai ingresada no Álvaro Cunqueiro apareceu morta no medio dun corredor.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/01/2016 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

O novo hospital de Vigo volve estar en entredito e, desta volta, pola morte de persoas no seu interior sen causas xustificadas, xa que na madrugada do xoves apareceu un muller morta no medio dun corredor sen que ninguén saiba por que.

Un dos corredores do novo hospital de Vigo
Un dos corredores do novo hospital de Vigo | Fonte: vigoalminuto

A muller, de 49 anos, acudira a visitar á súa nai, ingresada no centro e foi atopada por un traballador do centro. Sen embargo, a Policía Local de Vigo investiga as causas por se existe algún tipo de responsabilidade do propio hospital debido a que a muller puido estar "bastante tempo" tendida no chan sen que ninguén a atendese. 

A muller foi atopada no corredor central da planta 0 sobre as 6.25 horas e de inmediato foi atendida no punto e logo evacuada a Urxencias, pero nada se puido facer por salvar a súa vida, informaron fontes sanitarias. Na zona onde a muller foi achada só hai oficinas administrativas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta