Temas: COMETA GALICIA

E 80.000 anos despois, o "cometa do século" pasou por Galicia

O C/2023 A3 Tsuchinshan-ATLAS viuse perfectamente en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/10/2024 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

80.000 anos despois o gran cometa, ou como se lle chamou estes días, "o cometa do século", pasou por Galicia. A noite deste sábado ao domingo era o mellor día para ver este gran fenómeno astronómico que, do que aínda se poderá gozar uns días máis pero xa moito máis difuminado.

O coñecido como 'cometa do século' pódese ver nos ceos de Galicia
O coñecido como 'cometa do século' pódese ver nos ceos de Galicia | Fonte: Ález Pazó

O coñecido como "cometa do século",  C/2023 A3 Tsuchinshan-ATLAS puido ser visto con claridade ao redor das 20:00 horas da tarde do sábado. Tras pasar por Galicia na época dos neanthertales, haberá que agardar bastantes miles de anos para volver gozar da súa visión. 

O cometa deixou un ronsel luminoso ao longo do firmamento, xa que se trata do cometa máis brillante que pasou pola Terra nos últimos 100 anos. Este cometa foi descuberto no ano 2023 polo Observatorio Tsuchinshan en China e confirmado polo proxecto ATLAS en Sudáfrica; recibe este alcume debido ao seu excepcional brillo e á rareza da súa traxectoria.

O coñecido como 'cometa do século',  C/2023 A3 Tsuchinshan-ATLAS, no Barbanza /Álex Pazó
O coñecido como 'cometa do século', C/2023 A3 Tsuchinshan-ATLAS, no Barbanza /Álex Pazó
Temas: COMETA GALICIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta