Crónica.- Louzán volve ao ataque en Silleda

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán non para na súa teima de recuperar poder no ámbito municipal. Logo do acontecido en Mos, sondea as posibilidades que existen dunha nova moción en Silleda...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A pasada semana mantivo unha xuntanza coa cúpula popular no Deza para analizar a situación do Goberno local de Silleda, actualmente divido, e aínda que negou que non se ía falar de mocións de censura, o certo é que esta posibilidade é unha certeza dende hai días. De feito, xa houbo contactos entre os dous concelleiros socialistas díscolos (Javier Cuiña e Ofelia Rey) e membros do PP local.

A pesar de que se dan as condicións para unha nova moción de censura, na dirección do PP en Santiago non queren escoitar falar desta posibilidade. Logo do acontecido en Mos, non queren ter máis sobresaltos de cara as autonómicas do vindeiro marzo. E é que en Santiago analizaron os pros e os contras deste tipo de operacións a tres meses duns comicios e, polo momento, as rendabilidades electorais son moi negativas porque xeneran desconfianza no elector. Por iso, e segundo se palpou nesa xuntanza, a moción, de materializarse, deberá agardar ata a primavera.

Que pasa en Silleda?

O PSOE leva gobernando en minoría dende que chegou ao poder. Hai uns meses, dous concelleiros, Javier Cuíña e Ofelia Rey abandonaron o equipo de goberno por discrepancias na xestión xa que non lles gustaba a forma de traballar doutro concelleiro, Gerardo Lázara, nin a influencia que estaba tendo na alcaldesa, Paula Fernández Pena. Ademais, estes dous edís, que abandonaron o equipo de goberno, pertencían ao CIS (Colectivo Independente de Silleda), que chegara a un acordo para integrarse na lista do PSOE antes das eleccións (de feito, na anterior lexislatura, o CIS tiña 3 concelleiros e o PSOE 1). Logo das municipais, o PSOE obtivo 6 concelleiros; o PP, outros seis e o BNG, 1.

Nesta situación, as especulacións desataronse e os contactos entre concelleiros de distinto signo político tamén. Parece que o PPdeG, con José Fernández Vieitez á cabeza, alias Roucho, xa ten o voto que lle falta para a moción de censura e podería ser o de Javier Cuíña. Sen embargo, nesta operación non está claro quen pode ser o candidato, se o propio Cuíña ou Roucho.

A alcaldesa, Paula Fernández, dá por feito unha moción. O pasado sábado deu un discurso ao remate do concerto de Nadal da Banda de Silleda. A sensación xeral era de que soaba a despedida, tanto polo nerviosismo e pola emoción, como polos alegatos que fixo en favor da súa xestión e por unha Silleda igualitaria. Un discurso que non cadraba no acto navideño.

Diferencias no goberno local

Dende que Cuíña abandonou o equipo de goberno, a situación do PSOE é moi difícil. A súa relación cos seus "compañeiros" socialistas non é boa. Tampouco mantén boas relacións o PSOE co Bloque, especialmente con Gerardo Lázara. O número dous socialista ten tensando as relacións cos nacionalistas e mesmo chegou vaticinar a desaparición do Bloque na próxima lexislatura.

Unha situación que ten aproveitado o PP. Unha mostra disto é a elección do representante do Concello de Silleda na Fundación Semana Verde. Ata agora, era sempre o alcalde quen asumía esta función, pero hai un mes, os concelleiros do PP promoveron que a concelleira do Bloque, Carme Fidalgo, substituíse a alcaldesa. E así foi, agora é ela a repesentante.

Precisamente, a Fundación Semana Verde pode estar na orixe das diferencias entre o PSOE e Cuiña xa que, cando compartía tarefas de goberno, o nome de Javier Cuíña soaba con moita forza para ser o substituto de Maril á fronte da Semana Verde. Finalmente, a súa candidatura foi desestimada pola dirección socialista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

10 O mundo desde un chimpín » Silheda entra na política estatal

[...] Suponho que a estas alturas a gente saberá que em Silheda leva tempo a fraguar-se umha moçom de censura por parte do PP e contra o bipartito PSOE-BNG.Todos os rumores apontam a que a idea e pressom da moçom é de Rafael Louzán, presidente da Deputaçom de Ponte-Vedra e dos populares da província. Ainda que o PP assinou o pacto antitransfuguismo, era a sua cúpula a instigadora (segundo a rumorologia, repito, e a própria regedora de Silheda). Mas qando tudo estava a ponto, saltou a lebre. Resulta que uns tránsfugas se iam aliar com concelheiros escindidos do PSOE para fazer umha moçom de censura em Benidorm, cousa pola que protestou o PP apelando ao pacto mencionado. A resposta do PSOE foi clara: o PP que estea calado, porque tenhem em marcha umha moçom em Silheda coa que também incumplem o pacto. Por outra banda, os doce concelhais do PSOE em Benidorm derom-se de baixa do partido, polo que, em princípio, a moçom nom é responsabilidade do PSOE. Assim, ao PP nom lhe ficou outro remédio que parar a moçom de Silheda para poder seguir botando pestes do PSOE a nível estatal. Ainda que o dixerom coa boca pequena (leam entre linhas), mentres lançam acusaçons graves contra edís silhedenses, ainda que nom acodam aos tribunais para demonstra-lo, como sim fez a alcaldesa. [...]

9 sabedor

Paula, a por ahora alcaldesa: nin puta idea disto, vergonzoso. Javier Cuiña un listo. Manuel cuiña un subnormal. Gerardo Lázara anormal... e os outros uns inutiles. Esto acabará mal, pero para os que saben disto non tan mal...Nesta travesía só se salvaran os realmente mariñeiros.¿ Alguen quere apostar?

8 anónimo

llñlñ

7 Bergoña

¿ Hai algunha moción de censura en Galicia que non este ou estivera o PP detrás?

6 maura

Isto amañábase esixindo o graduado escolar para ser presidente de Deputación... e pensar que o erudito Louzán ocupa o mesmo posto que no seu tempo desempeñara Ossorio-Tafall...