Crónica.- Louzán volve ao ataque en Silleda

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán non para na súa teima de recuperar poder no ámbito municipal. Logo do acontecido en Mos, sondea as posibilidades que existen dunha nova moción en Silleda...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A pasada semana mantivo unha xuntanza coa cúpula popular no Deza para analizar a situación do Goberno local de Silleda, actualmente divido, e aínda que negou que non se ía falar de mocións de censura, o certo é que esta posibilidade é unha certeza dende hai días. De feito, xa houbo contactos entre os dous concelleiros socialistas díscolos (Javier Cuiña e Ofelia Rey) e membros do PP local.

A pesar de que se dan as condicións para unha nova moción de censura, na dirección do PP en Santiago non queren escoitar falar desta posibilidade. Logo do acontecido en Mos, non queren ter máis sobresaltos de cara as autonómicas do vindeiro marzo. E é que en Santiago analizaron os pros e os contras deste tipo de operacións a tres meses duns comicios e, polo momento, as rendabilidades electorais son moi negativas porque xeneran desconfianza no elector. Por iso, e segundo se palpou nesa xuntanza, a moción, de materializarse, deberá agardar ata a primavera.

Que pasa en Silleda?

O PSOE leva gobernando en minoría dende que chegou ao poder. Hai uns meses, dous concelleiros, Javier Cuíña e Ofelia Rey abandonaron o equipo de goberno por discrepancias na xestión xa que non lles gustaba a forma de traballar doutro concelleiro, Gerardo Lázara, nin a influencia que estaba tendo na alcaldesa, Paula Fernández Pena. Ademais, estes dous edís, que abandonaron o equipo de goberno, pertencían ao CIS (Colectivo Independente de Silleda), que chegara a un acordo para integrarse na lista do PSOE antes das eleccións (de feito, na anterior lexislatura, o CIS tiña 3 concelleiros e o PSOE 1). Logo das municipais, o PSOE obtivo 6 concelleiros; o PP, outros seis e o BNG, 1.

Nesta situación, as especulacións desataronse e os contactos entre concelleiros de distinto signo político tamén. Parece que o PPdeG, con José Fernández Vieitez á cabeza, alias Roucho, xa ten o voto que lle falta para a moción de censura e podería ser o de Javier Cuíña. Sen embargo, nesta operación non está claro quen pode ser o candidato, se o propio Cuíña ou Roucho.

A alcaldesa, Paula Fernández, dá por feito unha moción. O pasado sábado deu un discurso ao remate do concerto de Nadal da Banda de Silleda. A sensación xeral era de que soaba a despedida, tanto polo nerviosismo e pola emoción, como polos alegatos que fixo en favor da súa xestión e por unha Silleda igualitaria. Un discurso que non cadraba no acto navideño.

Diferencias no goberno local

Dende que Cuíña abandonou o equipo de goberno, a situación do PSOE é moi difícil. A súa relación cos seus "compañeiros" socialistas non é boa. Tampouco mantén boas relacións o PSOE co Bloque, especialmente con Gerardo Lázara. O número dous socialista ten tensando as relacións cos nacionalistas e mesmo chegou vaticinar a desaparición do Bloque na próxima lexislatura.

Unha situación que ten aproveitado o PP. Unha mostra disto é a elección do representante do Concello de Silleda na Fundación Semana Verde. Ata agora, era sempre o alcalde quen asumía esta función, pero hai un mes, os concelleiros do PP promoveron que a concelleira do Bloque, Carme Fidalgo, substituíse a alcaldesa. E así foi, agora é ela a repesentante.

Precisamente, a Fundación Semana Verde pode estar na orixe das diferencias entre o PSOE e Cuiña xa que, cando compartía tarefas de goberno, o nome de Javier Cuíña soaba con moita forza para ser o substituto de Maril á fronte da Semana Verde. Finalmente, a súa candidatura foi desestimada pola dirección socialista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Nen

alguén sabe se xa está cerrada a moción de censura en Silleda?

4 Gaz

dame moita pena que non se poida visualizar un cambio en Silleda, tendo en conta que os anteriores son unha panda de inútiles que non saben facer un o cun canuto.Nin alcalde nin tenente tiñan formación ou oficio algún. Paula prometía pero deixouse ir co Lázara, non lle parou os pés e volveuse da súa mesma calaña. Agora é "normal" que o Javier Cuiña mire polo seu xa que os socialistas non lle daban bola. Hanlle encher ben o petiño e a Paula facerlle un bo traxiño. No país dos ananos imos voltar ter o porco de pé.

3 bule bule

Ale....outros "independentes" no allo. E logo a culpa non é do SOE por metelos, coma algún por aquí intentoume facer crer.

Parece que vai a saír a secuela de Mos.

A este paso, se dará a curiosa circunstancia de que tódolos independentes do SOE estarán no PP. :D

Pero non pasa nada....na próxima lexislatura máis.

2 tinto

Manda carallo, outro "Gerardo" no lío.

1 Transfuguismo para dar y tomar | Juego de Tronos

[...] En Galicia quizá se esté  fraguando una nueva moción, según publica Galicia Confidencial. Sería en Silleda. Y Cuando el río suena… [...]