Máis da metade dos mozos, dispostos a emigrar

Un estudo de Abanca sinala que a poboación entre 21 e 30 anos está disposta a e emigrar para atopar unha oportunidade laboral no estranxeiro.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/01/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Moitos xa están na emigración, milleiros saíron de Galicia, centenares de milleiros do conxunto do Estado. E, aínda así, os que aínda quedan tamén queren emigrar. E é que un estudo de Abanca mostra que máis da metade dos mozos españois estarían dispostos a abandonar o Estado para atopar unha oportunidade laboral no exterior.

Xuntanza de mozos galegos emigrados en Manchester
Xuntanza de mozos galegos emigrados en Manchester | Fonte: Daniela Juncal Riley

As súas conclusións son ben elocuentes; a xeración máis preparada da historia do país non está a gusto aquí porque cre que non ten oportunidades de futuro. Outras das conclusións relevantes da investigación só o 21,5% dos mozos ven positivo o futuro da súa xeración.

"Que queres facer coa túa vida" é o nome deste estudo levado a cabo pola empresa de investigación social Two Much, a consultora de comunicación Quero salvar o mundo e a comunidade de mozos Global Shapers Madrid.

A investigación realizouse con mozos de entre 21 e 30 anos, con 2.000 enquisas e até 60 entrevistas en profundidade. Durante un mes, percorréronse 5.000 quilómetros e visitaron 30 cidades para coñecer as sensacións e as historias de centos de mozos e emprendedores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Santiso

Non creo que senha así. Coa CRTVG a xente nova quérese quedar porque senten moito orgulho da súa terra e dos seus habitantes. Esa noticia é falsa. Gústame moito o meu país; Francisco Vázquez, Fraga, Abel Caballero, os Tonechos, unha boa parte da familia e "amigos"... quererse ir desta terra non ten sentido ningún. Isto é o paraíso!

4 galegoexiliado

Pois a ver si se van todos pa que Frei Joy poida decir que acabou co paro.

3 Bufffff

Hai poucos días dicía Bieito Rubido no Cascabel q non era certo q agora houbese mais mobilidade q antes da crise. Citaba un estudo dunha empresa ou entidade q non lembro, q daba cifras similares antes da crise e agora.

2 nostrus

Un dos motivos que animan a emigrar é o cansancio que provoca o nacionalismo coa sua letania

1 liracho

Ten collons o que acabas de escribir , non tes nada dentro da cachoucha. E tamen ten culpa da morte de Cristo , fai o favor e non volvas a escribir nada , das noxo.

2 abraiado

Eu estou emigrado e dígoche que na minha terra o nacionalismo que tenho claro que hai que erradicar é o nacionalismo espanhol. Non sei de onde saiches tí, certamente.

1 Gamela UpeYDeira.

Ala vai unha boa remesa de votantes de en Marea-PPodemos, coma trens de años prestos a ser gaseados limpando wateres nos campos da Treblinka emigrante, que desexan o mesmo fin para os que decidimos ficar, e loitar para que as cousas muden.