Vence deixará a portavocía do BNG na asemblea de febreiro

O actual portavoz nacional aposta por unha dirección "nova" e que se abran conversas con outras forzas para unha gran alianza electoral de cara ás autonómicas. Unha postura que choca directamente coa da UPG, favorable a ir en solitario.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2016 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, acaba de abrir un novo debate no Bloque Nacionalista Galego logo do anuncio da súa marcha na Asemblea Nacional que terá lugar en febreiro. Unha marcha que supón, con toda probabilidade, que o vindeiro portavoz nacional sexa militante da UPG ou moi próximo a esta formación.

Vence presentando a lista do Bloque en Avión
Vence presentando a lista do Bloque en Avión

Vence é, xunto cos independentes e o colectivo Abrente, dos que se posicionaron nas últimas semanas a favor de abrir espazos de confluencia con outras formacións, sobre todo, as mareas, para concorrer xuntos ás autonómicas deste ano. Unha posición que o enfrenta, directamente, coa UPG, a formación dominante do Bloque, que insiste en acudir en solitario a estes comicios, a pesar de que corre o risco de desaparacer da Cámara galega se se repiten os resultados das xerais.

O aínda portavoz nacinal do Bloque aposta porque desa asemblea saia unha "nova direción" que aposte por unha estratexia política que "abra o diálogo con diferentes forzas políticas para sumar".

"Como portavoz nacional teño que transmitir que dentro do BNG, neste momento, encima da mesa hai diferentes visións de como abordar esa cuestión", suliñou. "Iso é o que se está debatendo, nese debate cada un temos propostas persoais concretas", sinalou o portavoz nacional, que avanzou que el aposta por "unha estratexia que abra o dialogo con diferentes forzas para sumar" e desta forma conseguir unha alternativa que poida darlle a volta á situación política en Galicia para "consolidar políticas diferentes".

Nese cambio, defendeu que o "nacionalismo" debe ser unha "pata fundamental". Así mesmo, subliñou que o obxectivo da totalidade da militancia é que o BNG sexa visto "como unha alternativa útil" para atopar solucións aos problemas perentorios da sociedade e defender autogoberno.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

O seu anuncio chega logo do Consello Nacional que se celebrou este sábado e que, segundo as fontes consultadas, foi tenso, xa que nel se reproduciron os debates que xa se deron na Executiva e en distintas asembleas comarcais a favor ou en contra de que o Bloque vaia coaligado con outras forzas. Un debate no que a voz da maioritaria UPG, e dos excindidos desta forza, Movemento Galego ao Socialismo, en contra deste pacto, é maioritario.

O propio Vence remitía aos militantes unha misiva na que os instaba a ser “atrevidos” nas Autonómicas para superar os problemas actuais do BNG. Así, animábaos a debater sobre o futuro da formación frontista lembrando que “as solucións que xa se comprobaron reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro”.

En declaracións aos medios de comunicación durante o Consello Nacional, Vence asegurou que da próxima asemblea "ten que saír unha dirección nova" que "saque adiante" as resolucións ás que se cheguen neste encontro.

"No Consello Nacional estamos a acordar a convocatoria dunha asemblea nacional importante que se dá nun momento crucial e crítico para o futuro do proxecto nacionalista", asegurou para explicar que nela se debaterá "a estratexia do nacionalismo de cara ao futuro", "cuestións organizativas" e faranse "reformulacións a todos os niveis".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

12 Eternoretolno

Outro home de palla queimado. Show must go on. Seguiran os de sempre.

11 Un galego desilusionado

A desaparición do BNG é unha triste nova. Sen embargo, dada a situación actual da sociedade galega, continuar erre que erre batendo na mesma porta se4n que esta se abra, o querer continuar sen cambios profundos só leva a queimar as poucas barcas que hoxe ten e non dar chegado a ningunha ribeira. Somos moitos os que temos presen ciado a desaparición de forzas politicas galeguista/nacionalistas durante a nosa vida. Xa estamos cansos de discursos puristas mentres Galicia segue dominada polos de sempre;Madrid e a banca. Como se cambia isto? Pois con intelixencia e sumando as poucas forzas que nos quedan. Digo eu.

10 AMOXEGADOR

Quanto ódio contra a UPG, a única organizaçom que perviviu no tempo. O resto da organizaçons políticas galegas nunca tiveram umha vida além dos 5 anos. A UPG nasceu em 1964, é foi quem impulsionou a criaçom do BNG, "o primeiro germolo de estado galego", Beiras dixit. A alternativa a isto, aliarse co espanholismo. Se o BNG opta por esta opçom, a minha alternativa eleitoral será a abstençon. Pátria ou morte.

1 Patriota galego

Grande!!!! Compañeiro xa somos dous. Eu non son da UPG pero levas toda a razón. Os demais son flor dun día... Digo flor do CNI.

2 Patriotismo canalla

Pois nada rapaz, o puretón, a morrer, pero procura non salpicar moito

3 AMOXEGADOR

Si, nós salpicando e ti berrando Viva Espanha¡

4 Pepe Barxa

Canta parvoicie Amoxegador, logo o voso socio do PsoE ou o PRI mexicano si que perviviu! Non entendes o mais basico: estamos noutro tempo, experimentar outras formulas pode levarnos a maiores cotas de identificacion dos cidadans co pais, e a mellores resultados practicos para os galegos que os acadados polos partidos clasicos. A UPG leva decadas sen facer pais, xa non chegan a xente, iso si fan chiringuito, fan caixa, liberan uns poucos... pero para iso que se xunten co PPsoE!

5 AMOXEGADOR

Ninguém é perfeito. Em todas as casas cozem favas. Mas, segundo tu, quem fez país nos últimos 40 anos?

6 Pepe Barxa

Segues sen querer ver... Hai etapas, sei e recoñezo o papel da UPG (BNG, CIG, Adega, Erga...). E tamen temos o tempo do entreguismo, da acomodacion as migallas do poder e do sistema e mesmo de queimar pais (Sindicato Labrego Galego, A Nosa Terra, bipartito como experiencia negativa, baixada das calzas ante o PsoE). Colectivamente, hoxe, ninguen fai pais. E de intentalo, seran outros agora, non a UPG nin o BNG. Xa non son a vangarda, nin se precisa aquela vangarda dos setenta nos tempos de hoxe.

7 Gamela

morte toda a que queiras, pero iso de pátria ímolo ver polo miudo! Galiza Non se Vende non facía patria? Seica estes tamén eran "populistas" http://www.galizanonsevende.org/ ou había que deixalos tirados porque non estaban controlados pola UPG? Algúns levan séculos matando a ganas de dicir BASTA deste pobo e eles son o PROBLEMA (nunca foron a solución!) // Xa está ben de frases baleiras...!!! http://www.galiciaconfidencial.com/...

9 Os de fora dan tabaco

Fiadevos dos consellos dos españolistas e ficaredes comendolle o orto aos explotadores e inimigo españolista tal coma fan eles todo o tempo, por un prato de fabas

8 Porgaliza

Lobeira sigue. JAJAJAJA. Que teatrada.