Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2024 | Actualizada ás 19:30
Xantar, a única feira internacional de turismo gastronómico acreditada da Península Ibérica, abriu as súas portas este xoves da súa 25ª edición, que se celebrará ata o domingo. Participan 90 expositores, cinco restaurantes, cinco países representados e 63 adegas con 113 referencias de viño galego.
Entre outras actividades, esta cita buscará a mellor tortilla de patacas e a mellor hamburguesa de Galicia. Ademais, haberá actuacións como as da Roda (venres, ás 20.30 horas) e Broken Peach (sábado, ás 21.00 horas).
No acto de inauguración, o presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, reafirmou o compromiso da institución con Xantar, "instrumento imprescindible para pór en valor os tesouros" da provincia. "Durante 25 anos puxemos a disposición uno dos seus buques insignia, o restaurante xestionamos a través do Inorde", remarca.
O conselleiro de Emprego, José González, reivindicou en Xantar 2024 a importancia da cadea de valor da industria gastronómica como motor de dinamización local e xeradora de emprego. Destaca que este evento é un referente no turismo gastronómico internacional.
Na cita, o delegado do Goberno, Pedro Branco, informou do Plan Nacional de Turismo Gastronómico que financia con 4 millóns na provincia de Ourense proxectos vinculados a viñedos de Valdeorras e O Ribeiro, así como ao polbo do Carballiño. Ademais, remarca que o Executivo central promove a modernización de 43 destinos turísticos de Galcia con máis de 108 millóns.
Tamén acudiu o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, xa que Turismo Rías Baixas participa por primeira vez en 18 anos con expositor propio. "Podemos camiñar xuntas as dúas provincias irmás como as de Pontevedra e Ourense porque os nosos retos e fortalezas son moi similares", asevera.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.