Temas: MIñO PORTUGAL

O Miño, unha marca turística común para galegos e portugueses

Un total de 15 concellos galegos e portugueses presentan unha candidatura conxunta a fondos europeos co obxectivo de converter a este gran río nunha fonte de turismo e negocio.

Por Galicia Confidencial | Tomiño | 25/01/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Miño, o río que dividiu países, familias e amigos é agora un gran nexo de unión entre galegos e portugueses que ven na raia, non unha fronteira, senón unha oportunidade de negocio. Por iso, ata quince gobernos municipais portugueses e galegos queren facer do gran río do norte a súa marca turística para atraer turistas e diñeiro.

Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha
Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha

Estes concellos, nove galegos e seis portugueses, veñen de presentar unha candidatura conxunta aos fondos comunitarios por valor de 7,5 millóns de euros.  A candidatura chega da asociación transfronteiriza Uniminho, co obxectivo de aplicar até 2019 os investimento incluídos na candidatura 'Visit_Río_Miño' co obxectivo de “preservar e valorarizar” o río Miño transfronteirizo, como destino ecoturístico de excelencia”.

A candidatura da marca turística transfronteiriza asentase “no concepto de dous países e un destino”, e foi presentada no Interreg V Programa de Cooperación Territorial, ao abrigo do Programa Operativo de Cooperación Transfronteirizo España-Portugal (POCTEP).

O xornal 'O Minho' destaca que a asociación con sede en Valença fixo saber que na candidatura, que terá unha comparticipación do 75% dos fondos comunitarios, o río Miño transfronteirizo “é presentado como un dos territorios máis interesantes a nivel europeo por ser a zona de fronteira con maior porcentaxe de área protexida e clasificada, a nivel nacional e unha das maiores da Europa”.

O investimento prevé, entre outras accións, “a estruturación e consolidación da marca Río Miño a través da elaboración dun plano estratéxico de marketing territorial e do proceso de candidatura do estuario do río Miño a paisaxe cultural Unesco”.

A Uniminho esta composta polos concellos portugueses de Caminha, Melgaço, Monção, Valença, Vila Nova de Cerveira e Paredes de Coura e da parte galega os de A Caniza, A Garda, Arbo, As Neves, Crecente, Rosal, Salvaterra do Miño, Tomiño e Tui.

Temas: MIñO PORTUGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta