Temas: PODEMOS

Os presentadores de Antena 3 levarán gorros de papel albal cando falen de Podemos

Con esta medida agardan que as ondas telepáticas que chegan dende Venezuela e Irán non afecten os seus cerebros.

Por GcToday | Madrid | 31/01/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A dirección de informativos de Antena 3 está tomando medidas serias para evitar que o bolivarismo etarra lle afecte ao seu persoal. A cadea repartirá gorros de papel de aluminio para evitar que os seus presentadores poidan sufrir daños cerebrais polas noticias que van a dar.

Pretenden evitar, así, que as ondas wifi de routers bolivarianos lles causen un cancro cerebral. A cadea tamén repartirá medicamentos homeopáticos para evitar o envelenamento por Polonio 210.

Están tamén a estudar tamén como evitar que os reptilianos se fagan co control dos seus informativos aínda que, segundo comunicaron, aínda non deron coa solución necesaria para evitalo, se ben contan con que os gorros de papel de aluminio poidan paliar a influencia alieníxena na súa plantilla. ‘Sobre nuestros presentadores solamente tendremos incluencia nosotros’, declaran fontes próximas á dirección da cadea.

Nun comunicado, Antena 3 tamén recomenda aos seus telespectadores que aillen os seus cerebros con papel albal cando falen de Podemos, EH Bildu, as CUP, Venezuela, Rusia ou Irán. Engaden á recomendación a conveniencia de correr en círculos axitando as mans se a medida non é suficiente para conter as ondas do eixo do mal.

antena 3 noticias conspiranoia gorros aluminio

Temas: PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta