Galicia a ignorada

Xa estamos, unha vez máis, na mesma situación perniciosa de sempre, Galicia queda sen representación real ante o estado Español e ante o resto de comunidades autónomas, noutras palabras, os cidadáns galegos quedamos unha vez máis sen representantes políticos que poidan defender os nosos intereses de forma libre e independente.

Por Carlos González Armada | Vigo | 28/01/2016

Comparte esta noticia

Os partidos nacionalistas nunca calaron en Galicia, e o de maior éxito, o BNG, está abocado no seu caso a posivel desaparición. En base a iso realizouse unha confluencia, (moi mal parida por certo), chamada EnMarea, pero no canto de crear unha partido-ferramenta que fose utilizado por cidadáns de base para confluír distintas ideoloxías e desbancar ao obsoleto e corrupto bipartidismo, o que se fixo foi un pacto entre cúpulas de tres partidos para colocar a quen esas cúpulas consideraron debían estar a nos representar, e a pesar dese engano obtívose un gran resultado.

Pero chegou a hora de facer grupos parlamentarios e EnMarea quedou disolto dentro de Podemos, o cal quere dicir na práctica, a pesar do que nos vendan, que Galicia estará unha vez máis a anos luz na defensa dos seus naturais dereitos se é comparada co País Vasco ou con Cataluña.

Creo que chegou a hora que os cidadáns demos un alto a esta situación, hai que pensar con seriedade se non é necesario a creación dun ente político galego propio, unha organización totalmente independente de Madrid e Barcelona, un partido que expoña e faga políticas pensando por e para Galicia, e que o faga sen pensamentos nacionalistas ou independentistas que a ningún lado conducen nun mundo globalizado, probablemente é a hora en que todos os cidadáns que votaron EnMarea coa pinza no nariz, buscando un cambio, teñan un referente onde poder participar, desde abaixo cara arriba, faise necesaria unha organización política que de verdade pense nos cidadáns, que de verdade sexa participativa, que de verdade sexa asemblearia.....que de verdade defenda os intereses de Galicia e que non quede en puras promesas de grupo propio e representatividade como ocorreu con EnMarea.

É hora de buscar unha confluencia maior, dos de abaixo, de todos, que uña xentes, persoas, e que se esqueza de ideoloxías para primar as ideas, os programas, as necesidades dos cidadáns, do pobo, é hora de pensar se SOMOS ou non capaces de enfrontar por nós mesmos a responsabilidade de gobernar sen ter como referentes a tele-oradores que primeiro miran os seus intereses e despois tamén, é hora de pensar, ¿SOMOS capaces de facelo?....se a resposta é si, fagamolo, creo que xa chegou a hora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA