Cultura deulle aos grandes medios 300.000 euros por potenciar o uso do galego

Foron o que recibiron os medios tradicionais editados en español só no segundo semestre de 2015. La Voz de Galicia percibe a metade dese diñeiro, que é sete veces máis do que recibiron os medios escritos en galego durante todo o pasado ano.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura destinou no segundo semestre do pasado ano 301.000 euros para que os grandes medios potenciaran o uso do galego en xornais e canles de radios. Un diñeiro que foi para algúns medios que raramente superan o 5% das súas informacións escritas na nosa lingua.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Este diñeiro súmase, ademais, ao doutras consellerías e ás axudas da Secretaría Xeral de Comunicación e que nos últimos meses superaron os seis millóns de euros, segundo as estimacións realizadas por GC tras a publicación de diversas informacións sobre convenios publicitarios. Sen embargo, aínda hai convenios e acordos publicitarios que non foron feitos públicos.

Como noutras axudas, o Grupo Voz segue sendo o que máis cartos públicos recibe con diferencia. A Xunta deulle a este medio 149.500 euros nos seis últimos meses para potenciar o uso do galego tanto no seu xornal, La Voz de Galicia, como na súa radio, Radio Voz. A moita distancia está o grupo Prensa Ibérica que recibiu 78.000 euros; Faro de Vigo, 63.0000 e La Opinión de A Coruña, 15.000 euros.

Pola súa banda, El Progreso de Lugo tivo 35.000 euros; La Región, 23.000 euros e Editorial La Capital ( El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa), 15.5000 euros. Nesta relación non figura, curiosamente, Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego, que chegou a ter un medio en galego, Galicia Hoxe.

Os medios en galego, sete veces menos

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos

Estes 300.000 euros contrastan cos 41.341 que a Secretaría Xeral de Medios destinaba aos medios escritos íntegramente en galego no 2015, na súa resolución do 31 de decembro de 2014, o que significa que os medios en galego recibiron sete veces menos axudas que os escritos en español. Iso, tendo en conta, que a axuda dos medios en galego é anual e a dos medios en español é semestral.

Tamén contrastan cos 48.000 que só se destinaron para escavacións arqueolóxicas, a pesar da importancia económica que os bens arqueolóxicos poden ter na proxección turística de Galicia. Destes, 30.000 foron destinados para o convenio entre Cultura e a USC para actuacións arqueolóxicas no xacemento da Cova de Eirós (Triacastela) e outros 18.000 para a realización dunha intervención arqueolóxica na Sauna Castrexa do Castro de Castelón de Castañoso na Fonsagrada.

Cultura tamén destinou no último semestre do ano 6.000 euros para o IX Premio Diario Cultural Teatro Radiofónico da Radio Galega, os mesmos que para o Centro Pen Galicia para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística. Outros 2.000 euros foron para a realización do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente nun acordo entre a consellería e a Fundación Gonzalo López Abente.

A subvención aos medios en español polo seu uso escaso do galego, tamén contrasta cos 60.000 euros para a realización das feiras do libro en Galicia en 2015 nun convenio de colaboración coa Asociación de Libreiros de Galicia ou os 17.000 para actividades culturais e a colaboración coa OEPLI en convenio coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 MEMORIA HISTÓRICA

A Tito lle deran tres millóns de pavos, tres, e tampouco fixo nada.

4 rito

Pandilla de delincuentes pepeiros....e os que reciben eses cartos cometendo fraude e malversacion no seu uso continua e reiteradamente, pero onda esta a xustiza ??? Ah claro estés son intocables....

3 DigoEu

O propio Feijoo contribúe a destruír o galego falando deliberadamente mal e sen querer corrixir o máis mínimo dos erros, que son moitos e moi ou moito castelanizantes. A este paso o galego ten os días contados, integrándose finalmente como un simple dialecto do castelán porque o galego se está a falar por muita xente como se fose un castelán mal falado. Feijoo e o PP en xeral coido que están a falar mal o galego de maneira deliberada para ir minándoo progresivamente. Algúns desta xente xa non pronuncian cousas como "unha" senón que din directamente "una".

2 Cansada del gallego

Para que queremos dinero para el gallego. Eso no vale para nada. Que se lo dean a los que pasan hambre, pero no al gallego, que es un dinero tirado

1 non intoxiques

non son cartos para "el gallego". Son cartos para a imposición do espanhol na GZ. Volve ler o texto da noticia que seica non te enteraches.

2 Svk9

A quén lle importa que ti estés "cansada del gallego"? Por que lés noticias nun medio en "gallego"? Definitivamente non hai dios que vos entenda....

3 Pepedascestas

Ostia tia, en serio? Bua, que fuerte... Anda veña, o que hai é que botar dunha patada no traseiro a todos estes políticos que non deixan de meter a man nas arcas públicas e estou seguro que facendo iso, poderáse ó menos emplear eses cartos roubados, en axudar a esa xente que lle fai falla. Por certo, pola pinta, políticos os que seguramente ti lles votes. PD: Deberíache dar vergonza sendo galega deixar ese comentario, e se non o eres enton nn sei que carallo fas comentando aqui.

4 Estralampa

Galega é oh! Que os verbos a delatam. Uma brincadeira...

1 Un de Sada

Para potenciar o uso de qué?. Pa mexar e non botar jota!!!!