Defensa recruta en Galicia a 198 aspirantes para a escala de tropa e mariñeiría

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2024 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O Ministerio de Defensa recrutou en Galicia a 198 aspirantes para a escala de tropa e marinearía das Forzas Armadas e pechou o segundo ciclo do proceso selectivo 2024. Segundo informou Defensa, recibiron no Centro de Selección da Subdelegación de Defensa na provincia da Coruña 294 solicitudes (213 homes e 81 mulleres). Do total, 103 aspirantes obtiveron praza.

Igualmente, foron seleccionados 17 aspirantes da provincia de Lugo. O que sitúa un total de 120 persoas que conseguiron (96 homes e 24 mulleres). Así, deles, 50 irán a unidades do Exército de Terra, 60 á Armada e 10 ao Exército do Aire. En total e tendo en conta os seleccionados en Pontevedra, 198 aspirantes de Galicia conseguiron unha praza nas FAS para ingresar como persoal de militar de tropa e mariñeiría.

Forzas Armadas de España
Forzas Armadas de España | Fonte: E.P. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta