Volven os Bonos Corazón ao comercio Santiago: dispoñibles desde o 8 de novembro
Do mesmo xeito que o ano pasado, establécese unha única modalidade de bono cun valor de 50 euros, dos que o Concello achegará 20 euros e a persoa solicitante os 30 euros restantes. Cada persoa poderá solicitar e obter ata tres bonos para usar ata o 4 de decembro.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2024 | Actualizada ás 11:31