GC Aberto

No Século XVII o Viño do Ribeiro tinto era máis apreciado en Europa que o Borgoña

O experto en viños e socio do espacio Enocultural Vide! Vide!, Martiño Santos, participa nun faladoiro no Colexio Maior La Estila para falar sobre o viño e destacar os magníficos caldos que temos en Galicia

Por CMEstila | GC ABERTO | 28/01/2016

Comparte esta noticia

Na súa intervención o invitado fixo un repaso histórico da orixe do viño e da súa relación histórica co home. Dando algúns datos tan interesantes como que no Século XVII o viño do ribeiro tinto era máis apreciado en Europa que o Borgoña e que os primeiros datos sobre a relación do viño e dos homes data de 7.000 anos.

Así mesmo o invitado destacou as calidades dos viños para a saúde, recomendado o seu consumo moderado polo médicos.

Martiño Santos detívose tamén en analizar os extraordinarios viños que temos en Galicia e en destacar as principais calidades das denominacións de orixe. Situando Galicia nunha das mellores zonas para a produción do viño, a zona atlántica.

 Recomendou especialmente entre outros moitos caldos galegos os de: Quinta dá Muradella e viños de Guimán da D.O. Monterrey, Adegas Algueira na Ribeira Sacra, viños de Luís Anxo Rodríguez e de Rodríguez Méndez no Ribeiro; etc.

Vide! Vide! é un espazo de difusión da cultura do viño en Santiago de Compostela, onde se organizan conferencias, catas de viños, presentacións de viños, etc.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta